Podcast ‘Diario Cultural’ das 9:30
Tempo de literatura infantil e xuvenil coa escritora Pilar Serrano. Tamén falamos da nova exposición da artista plástica Verónica Moar. Como cada domingo, sección de ciencia con Manuel Vicente.
Tempo de literatura infantil e xuvenil coa escritora Pilar Serrano. Tamén falamos da nova exposición da artista plástica Verónica Moar. Como cada domingo, sección de ciencia con Manuel Vicente.
Por primeira vez un filme en galego estará no Festival de Cannes. O director de cine Oliver Laxe viaxará á localidade francesa coa produción ‘Aquilo que arde’, o que significa un gran paso para o audiovisual galego.
Entrevistamos a Oliver Laxe, director do primeiro filme en galego no Festival de Cannes. Como cada sábado, falamos do audiovisual galego con Carlos Ares.
O loito das mulleres galegas é o tema central da exposición “A SAÍA RAÍÑA”, unha exposición de testemuñas, a través de fotografías e de diferentes formatos audiovisuais, nos que Rita Más mostra un traballo de campo que leva anos recollendo polas aldeas e cidades galegas.
Pódese visitar na Biblioteca Municipal Ágora da Coruña ata o 23 de abril.
Hoxe falamos do loito das mulleres galegas porque este é o tema central da exposición “A SAÍA RAÍÑA”, unha exposición de testemuñas, a través de fotografías e de diferentes formatos audiovisuais, nos que Rita Más mostra un traballo de campo que leva anos recollendo polas aldeas e cidades galegas.
Tamén Carlos Portela recoméndanos a edición que ven de sacar Panini de Conan ‘O Bárbaro’ e ‘Punto final’, a derradeira aventura de Gringo e Dani Futuro.
Hoxe falamos con Anxo Angueria, profesor da Universidade de Vigo e especialista na obra poética de Rosalía de Castro ademais de presidente da Fundación que leva o seu nome. Anxo Angueira presenta esta noite no Auditorio Municipal de Padrón a critica da obra ‘En las orillas del Sar’ de Rosalia de Castro.
E tamén hoxe, a Real Filharmonía de Galicia rende homenaxe ao compositor galego Andrés Gaos no 60º aniversario do seu falecemento, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. Baixo o título de “Á memoria dun anxo”, atópase esta homenaxe ao compositor e violinista galego Andrés Gaos no marco dos actos conmemorativos do “Ano Gaos 2019”, que promove a Universidade de Santiago.
O escritor Manuel Portas publica ‘Por puntos’, un libro que narra a historia dun grupo de persoas que coinciden nun curso de recuperación de puntos do carné de conducir. Experiencias que a maioría das persoas manteñen en segredo pola vergoña de recoñecer que asisten a estes cursos.
“É como un iceberg, vemos moi pouco e debaixo do mar, agóchase un mundo”, asegura o escritor.
Es España, máis de 36.000 condutores pasaron polos cursos de recuperación por puntos en 2017. Unha realidade descoñecida da que moi poucos falan.
“Vivimos nun mundo que contén outros mundos”, di o escritor, quen destaca a importancia de descubrir as vidas dos que temos arredor.
O escritor Manuel Portas publica ‘Por puntos’, a historia dun grupo de persoas que coinciden nun curso de recuperación de puntos do carné de conducir. Como cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.
O músico Xoán Curiel está a presentar o libro disco ‘Canta miña pedra canta’ baseado na vida e na obra de Antón Fraguas. Nel recolle 11 cancións inspiradas en cantigas do Cancioneiro de Cotobade co obxectivo de dar a coñecer aos máis cativos a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
‘Canta miña pedra canta’ está editado por Galaxia.
Hoxe falamos coo músico Xoán Curiel que está a presentar o libro disco ‘Canta miña pedra canta’ baseado na vida e na obra de Antón Fraguas. Nel recolle 11 cancións inspiradas en cantigas do Cancioneiro de Cotobade co obxectivo de dar a coñecer aos máis cativos a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
E na colaboración desta tarde, Alba Cid preséntanos o poemario ‘Feliz idade’ de Olga Novo e editado na colección Tambo de Kalandraka.