Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Neste Diario Cultural falamos con Xabier Deive, novo  presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Ademais coñecemos a exposición “Inmaterial. Patrimonio e Memoria Colectiva” que se inaugura hoxe, 16 de abril, no Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela. Unha exposición enmarcada no Programa de Exposicións Itinerantes do Ministerio de Cultura e Deporte na que se inclúen imaxes da vida cotiá tradicional desde finais do século XIX ate a década de 1960.

Arte para derrubar prexuízos entre diferentes culturas

Comeza a exposición ‘Máis alá do estereotipo’ na Igrexa da Universidade en Compostela. Neste Diario Cultural temos connosco a artista vistual Mery Pais.

Cal é a orixe das barreiras que levantamos entre diferentes culturas? Hoxe creamos pontes entre Galicia e Marrocos e descubrimos que o descoñecemento é o único que nos separa.

A artista Mery Pais emprega a arte para rachar cos prexuízos e amosar unha realidade xusta e diversa. Cada peza da exposición amosa cada un dos prexuízos que sofren as mulleres musulmanas como, por exemplo, os relacionados coa súa vestimenta.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Falamos da exposición Máis alá do Estereotipo, a primeira mostra individual da artista compostelá Mery Pais en Galicia. No tempo de literatura con Armando Requeixo presentamos dúas novelas:Por puntos, de Manuel Portas, e mais Eternos propietarios, de Jorge Emilio Bóveda.

Carlos Barruso, premio honorífico Martín Códax

No Diario cultural emitimos hoxe a conversa que tivemos con Carlos Barruso a semana pasada cando a Asociación Músicas ao Vivo deu a coñecer que sería Barruso o seu premio Martín Códax da Música Honorífico deste 2019.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Hoxe escoitamos a conversa que tivemos co saxofonista Carlos Barruso o día que Músicas ao Vivo deu a coñecer que sería el o premio honorífico Martín Códax este 2019. Tamén coñecemos a música dun novo grupo que acaba de xurdir no panorama musical galego, Turoqua. E Rosario Sarmiento falaranos de fotografía.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Afundación da Coruña acolle unha mostra de 117 obras do pintor Alfonso Abelenda baixo o título de Yo Abelenda. Cóntanos todos os detalles Valle García, comisaria da exposición. Ademais, hoxe comeza en Santiago de Compostela a décimo cuarta edición do Congreso de Antropoloxía, un ciclo en que se dan cita  especialistas internacionais na materia como Xaquín Rodríguez Campos, da Universidade de Santiago de Compostela; Antonio García Allut, da Universidade da Coruña ou Xerardo Pereiro, da Universidad de Trás-os-Montes e Alto Douro. Para coñecer o obxectivo deste congreso falamos con Lucía Oca, antropóloga e integrante do Comité Organizador.

Entrevistamos o presidente da Fundación Vicente Risco

Neste Diario cultural falamos da exposición do fotógrafo portugués Antero de Alda. Temos connosco a Luis Martínez-Risco Daviña, presidente da Fundación Vicente Risco.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Entrevistamos o presidente da Fundación Vicente Risco e falamos de música tradicional con Emilio Españadero.

Novo libro-disco de A Gramola Gominola

Falamos con Paula Romero e Paco Cerdeira, dous dos integrantes do grupo de rock infantil A Gramola Gominola porque están a presentar o seu novo libro disco, Bravas. O rexurdir da luz. Un traballo en que falan de superheroínas e superpoderes e que xa presentaron no Salón do Libro de Pontevedra. A próxima cita é o vindeiro domingo día 21 de abril nun concerto no Teatro Colón da Coruña.

Podcast ‘Diario cultural’ das 9:30

No Diario cultural falamos con Paula Romero e Paco Cerdeira, dous dos integrantes do grupo de rock infantil A Gramola Gominola, porque nos presentan o seu último libro, disco titulado Bravas. O rexurdir da luz. Tamén falamos con Cristian Enríquez, un dos membros da asociación Trece Roeis e organizadores do festival Trece Roeis Fest, que se vai a celebrar os días 13 de xuñño e 17 de agosto en Ferreira de Pantón.

Como cada domingo, temos colaboración de Ciencia con Manuel Vicente. Esta vez recoméndanos museos para visitar na Semana Santa.

Pin It on Pinterest