Videos

Podcast ‘Diario cultural’ das 9:30

Hoxe volvemos á infancia coa contadora Soledad Felloza, que presenta o seu espectáculo Bailar nas nubes na Casa Museo Manuel María. Ademais, escoitamos Con todas las consecuencias, o primeiro LP da lucense Alba Messa, coa que tamén temos unha conversa.

E coma todos os sábados, o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, fálanos de cinema.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Nesta edición do Diario cultural falamos con Diego Giráldez, autor do libro Hotel para coleccionistas discretos, da Editorial Galaxia. Ademais, coñecemos o número 3 da revista de Estudos Rosalianos co seu director, Xosé Luis Axeitos.

Inaugúrase unha mostra de artesanía na Cidade da Cultura

Neste Diario cultural volvemos ás orixes para descubrir o oficio da cestería. Inaugúrase a mostra de artesanía Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia, na Cidade da Cultura.

Un oficio descoñecido para as xeracións máis novas, que medran lonxe do traballo coas mans. Os artesáns, preocupados polo esquecemento da súa técnica co paso do tempo, recordan que non é un traballo que se poida aprender de forma teórica, senón que é preciso mergullarse e facer “unha carreira de fondo”.

Nun momento en que as máquinas se converten nas protagonistas do proceso produtivo, os obxectos perden a súa alma. A busca da autencidade, dos oficios ligados á cultura do lugar e a posta en valor do propio son os factores que están motivando o rexurdimento da artesanía.

Onde remata a artesanía e comeza a arte? Falamos disto con Verónica Santos, comisaria da exposición; e coa ourive Susi Gesto.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Presentamos a mostra Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia da Cidade da Cultura. Tamén falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena. A recomendación da semana son dous libros que soan: Piano á fuga e A nena e o grilo máis aló.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Nesta edición do Diario cultural falamos con Carlos Barruso, a quen a Asociación Músicas ao Vivo lle recoñece o Premio Honorífico 2019 e que lle será entregado na gala dos Premios Martín Códax da Música. Ademais, hoxe estréase no Salón Teatro do Centro Dramático Galego a súa produción propia para este ano Neorretranca e postmorriña. Tamén, Tito Lesende achegaranos ao mellor da música dos vindeiros días.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Neste Diario cultural falamos da produción propia do CDG Neorretranca e posmorriña, que se estrea esta tarde no Salón Teatro de Compostela. Un espectáculo que dirixe Gena Baamonde e composto polos textos Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte. E para coñecer que nos agarda no teatro, falamos con Gena Baamonde, pero tamén con Mercedes Castro, unha das actrices da obra.
E hoxe, tamén, a editorial Xerais presenta na RAG Historia da Literatura IV. De 1936 a 1975 ‘A longa noite’, o cuarto volume co que Xosé Ramón Pena continúa o relato da nosa historia literaria.

Descubrimos os órganos agochados nas igrexas galegas

Neste Diario cultural escoitamos os sons dos órganos agochados nas igrexas da nosa terra. Comeza a cuarta edición do ciclo Músicas e outras paisaxes de Compostela, que durará ata a Semana Santa. Este programa ten como obxectivo afondar no imaxinario sonoro de Santiago e coñecer a riqueza instrumental da cidade, pero tamén descubrir outras culturas.

“En Galicia temos moitísimas igrexas e un gran patrimonio relixioso, pero onde están os órganos?”. Esta foi a pregunta que formulou a directora artística Belén Bermejo antes de comezar a súa investigación.

Tamén falamos con Andrés Díaz, comisario da mostra sobre o órgano nos fondos da Biblioteca Xeral, e coa organista Erea Blanco.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comeza a cuarta edición do ciclo Músicas e outras paisaxes de Compostela. Como cada xoves, descubrimos as estreas cinematográficas con Moncho Lemos.

Coñecemos o rock de Grilo

Hoxe falamos con Adrián Gómez, Miguel Varela e Alberte Fernández, os tres integrantes do grupo de rock galego Grilo. Un grupo en que se xuntan os que no seu día foron integrantes de grupos galegos de referencia coma ¡Que desilusión! ou Skirl. Dende o ano pasado Grilo é a súa aposta de rock en galego no que Adrián é a voz e a guitarra, Alberte o baixo e os coros e Miguel a batería.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Nesta edición do Diario cultural coñecemos o  ciclo Conversas trasatlánticas do Consello da Cultura Galega. Unha xornada que terá lugar mañá e na que a antropóloga canadense Sharon Rosemanse falará de memoria, etnografía e da vida das mulleres. Ademais, imos ata Carballo para coñecer a nova edición do festival de danza Primavera en danza coa técnica de cultura de Carballo, Carme Castro.

Pin It on Pinterest