Videos

Silvia Penide edita o seu sétimo disco, ‘El efecto boomerang’

Silvia Penide presenta na Radio Galega o seu sétimo disco, ‘El efecto boomerang’. Falamos con ela da súa traxectoria profesional, un longo camiño que a levou a ser un dos referentes da nosa música. Un disco que fala das despedidas, dos momentos en que temos que dicir adeus de forma forzada para seguir adiante.

“O éxito é algo que vives no teu día a día, sentirte realizada e ver que tes traballo. O importante é non perder nunca a ilusión”, conta a música.

As letras de Silvia Penide convértense en voces que gritan verdade. Unha artista que transmite emocións e experiencias reais con cada unha das súas cancións.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Entrevistamos a Silvia Penide, que vén presentar o seu novo traballo discográfico, El efecto boomerang. Falamos con ela da súa paixón pola música e da súa longa traxectoria. No espazo con Emilio Españadero repasamos as últimas novidades no ámbito da música tradicional.

O novo disco de Familia Caamagno

Escoitamos o novo disco de Familia Caamagno.

Festival ‘Melona Fest’ en Compostela

Dende o mércores estase a celebrar en Santiago de Compostela o festival de pop e rock ‘Melona Fest’. Trátase da cuarta edición dun festival que busca a pluralidade e por iso conta con bandas locais, galegas e nacionais como é o caso do compostelán Nico Casal que presenta hoxe no Teatro Principal de Santiago de Compostela o seu primeiro traballo discográfico.Para coñecer todos os detalles falamos con Nico Casal e tamén co director de ‘Melona Fest’ Coque Dosil.

Nico Casal: “Decidín intentar crear música sobre como estaba eu, facer a miña propia banda sonora”.

Coque Dosil: “Pluralidade com base e intentar conxugar identidade e diversidade”.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural falamos do festival de pop e rock ‘Melona Fest’ que dende o mércores estase a celebrar en Santiago de Compostela . Trátase da cuarta edición dun festival que busca a pluralidade e por iso conta con bandas locais, galegas e nacionais como é o caso do compostelán Nico Casal que presenta hoxe no Teatro Principal de Santiago de Compostela o seu primeiro traballo discográfico.Para coñecer todos os detalles falamos con Nico Casal e tamén co director de ‘Melona Fest’ Coque Dosil.

Tamén coñecemos o cartaz do Festival 17º Ribeira Sacra Paisaxe que se vai a celebrar nesa zona galega do 17 ao 21 de xullo.

E, por último, colaboración de música de Tito Lesende sobre os concertos que nos agardan os vindeiros días e Galicia.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Nesta edición do Diario Cultural comezamos falando da Ribeira Sacra, que ven de ser escollida como a candidata española a Patrimonio da Humanidade da UNESCO para 2021, e facémolo xunto con  Ana Goy, Catedrática de Historia da Arte na Facultade de Humanidades da USC e coordinadora do expediente que se presentou en San Estevo de Ribas de Sil ao comité do Estado español. Ana Goy: “Probablemente é un dos paisaxes a declarar máis complexos, precisamente pola gran diversidade de bens que ten e de manifestacións culturais tanto materiais como inmateriais”

Tamén hoxe Faia Díaz preséntanos «Ao cabo leirín» , o su primeiro disco en solitario que presentará esta tarde no Cinema NUMAX de Compostela que está a organizar unhas sesións de cinema para escoitar e que se desenvolveran ao longo desta fin de semana.

O Auditorio de Galicia celebra a Gran Gala do Circo

O vindeiro 21 de abril é o Día Mundial do Circo. Santiago celebra a Gran Gala do Circo este domingo no Auditorio de Galicia. No Diario cultural falamos con Pablo Reboleiro, condutor desta gala, e Belém Brandido, de PistaCatro.

Trátase dun espectáculo de variedade, que mestura a tradición con elementos anovadores como a suspensión capilar. Pablo Reboleiro estudou matemáticas, pero nunca esqueceu a súa gran paixón polo circo. Unhas audicións moi duras antes dun dos últimos exames da carreira cambiarían a vida de Pablo para sempre.

As familias tamén poden participar en obradoiros gratuítos para descubrir o mundo do circo. Para participar só é necesario levar dúas cousas: ilusión e calcetíns. Pensan que poden ter un talento agochado para o circo?

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Celebramos o Día Mundial do Circo coa posta en marcha dunha gala no Auditorio de Galicia. Falamos con Pablo Reboleiro, condutor do evento, e Belém Brandido, de PistaCatro. No tempo de literatura infantil e xuvenil, falamos de novas publicacións con Montse Pena.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Programa especial do ‘Diario Cultural’ dende o festival internacional de cinema Play Doc que se está a celebrar estos días en  Tui.  Acompáñannos a directora do festival, Sara García; a nosa colaboradora Beli Martínez que é directora do programa Panorama Galicia do festival; Camila José Donoso, a directora da película ‘Nona, si me mojan yo los quemo”que compite na sección oficial; e Iria Sanjurjo, directora de “Empapelaos-Valverde de la Vera” filme da sección Panorama Galicia.

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Nesta edición o Diario Cultural falamos coa galega Ana Vallés, de Matarile Teatro, que ven de converterse na única galega que está nomeada aos XXII Premios Max de Artes Escénicas. Logrouno na categoría de mellor dirección de escena polo seu traballo en “Circo de pulgas”. Tamén falamos con Paula Carballeira, autora do libro “Hai quen escolle os camiños máis longos” de Edicións Positivas. E, por último, ímos ata a tenda de Nikis Galicia de Santiago de Compostela porque alí se presenta a imaxe, canción oficial e o filme de apertura da edición de 2019 do Festival de Cans.

Pin It on Pinterest