Monterroso celebra a cuarta edición da Feira do Libro e o Disco Galegos
Achegámonos á feira e ao activismo cultural de ’25 xastres’ co voceiro desta asociación Serxio Alba.
Achegámonos á feira e ao activismo cultural de ’25 xastres’ co voceiro desta asociación Serxio Alba.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega debate sobre identidade e dereitos civís en Pontevedra.
Hoxe falamos con Soledad Penalta a través da exposición Grafía e reflexos de lúa, que se inaugura na galería Luísa Pita de Santiago. En Ourense continúa aberta outra exposición súa: Utopía ou distopía.
“Eu facía cerámica de alta temperatura, tiven unha bolsa e marchei aos Estados Unidos. Aínda que ao principio asusteime un pouco, descubrín o mundo do metal e xa non seguín máis coa cerámica”, indica Soledad.
“O traballo é completamente diferente. Na cerámica partes dunha masa que vas modelando. Aquí é unha prancha onde fas un volume e logo tes que soldar”, engade.
Mais as pezas de Soledad Penalta tamén falan porque no metal poden lerse letras e versos coa propia caligrafía da escultora.
“Ao principio firmaba coa soldadura, pero comecei a buscar novas formas. Agora, escribo como quen escribe nun papel”, explica a artista.
Falamos con Soledad Penalta, a escultora do aceiro, sobre as súas exposicións: Grafía e reflexos de lúa e Utopía ou distopía. Como cada venres, tempo de literatura con Montse Pena.
Sés publica mañá o seu novo disco, Rabia ao silencio, e comeza xira arredor da nosa terra. Un traballo cheo de cancións latinoamericanas que, no seu momento, pasaron máis desapercibidas e agora volven para abrir novos horizontes musicais á xente máis nova.
Cando somos seguidores da música americana e cantamos letras en inglés, pero non somos quen de recoñecer os grandes músicos latinoamericanos, estamos esquecendo unha parte do mundo coa que compartimos cultura. Esquecemos a súas melodías, composicións e talento.
“Dicía Unamuno que canto menos se le, máis dano fai o que se le. Así que eu creo que pasa o mesmo coa música: canto menos se escoita, máis dano fai o que se escoita”, indica a cantautora galega.
“Cando falan de premios e recoñecementos, a min paréceme todo moi frívolo. Eu só coñezo un premio que é un teatro cheo cantando un tema teu”, engade.
“Non creo que o mundo sexa só o que nos contan”, asegura Sés, quen insiste no papel da música como cronista e narradora da realidade.
“Todos somos humanos e a música é unha manifestación humana. Sempre me apaixonou o ser humano, paréceme dos animais máis complexos e máis interesantes. Todos os días vou buscando nova música e cada vez é máis difícil atopar algo que sexas quen de distinguir”, conclúe Sés.
Sés publica o disco Rabia ao silencio e comeza xira arredor da nosa terra. Falamos con ela sobre o proceso de produción das pezas, a resposta do público e os próximos concertos. Trátase dun traballo que parte de cancións latinoamericanas para achegalas á xuventude a través do galego.
Ata o 17 de marzo poderanse presentar todos os proxectos musicais de calquera persoa ou grupo que queira optar ao premio nalgunha das categorías dos Martín Códax da Música, que se celebrarán o vindeiro 8 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Para coñecer todos os detalles falamos coa coordinadora dos premios, a cantante Sonia Levedinsky, e con dous dos gripos premiados o anao pasado: Eladio y los seres queridos e Som do Galpón.
Nesta edición do ‘Diario cultural’ falamos coa coordinadora dos Premios Martín Codax da Música, a cantante Sonia Levedinsky, e con dous dos grupos premiados o ano pasado: Eladio y los seres queridos e Som do Galpón. Todo isto porque xa está aberto o prazo de inscrición dos proxectos musicais para a edición deste ano. Tamén imos ata Pontevedra porque hoxe presentouse o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebrará a partir do vindeiro 22 de marzo e, coma todos os mércores, Rut Balbís fálanos de artes do movemento.
O Festival Atlántica trae un mar de contos durante o mes de marzo por toda Galicia. As rúas énchense de contadores de historias que sorprenderán, un ano máis, a veciñanza galega.
Máis de 80 espectáculos en 16 concellos recibirán os contadores de narración oral dende diferentes partes do mundo. Neste ‘Diario cultural’ falamos con Soledad Felloza, organizadora do evento.
O mar chega á montaña e percorre as vilas galegas. Historias murmuradas que se van contando de orella a orella, literalmente.
“É un tubo que potencia a voz, ti murmuras e a persoa que está ao outro lado vai escoitar unha historia só para ela”, conta Soledad Felloza.
“O Atlántico marca. É certo que cada historia se adapta á cultura local, pero xúrovos que eu escoitei historias en Cabo Verde que alí era un peixe a aquí unha lamprea, pero a historia era común”, engade a organizadora.
Comeza o Festival Atlántica de narración oral, con máis de 80 espectáculos en 16 concellos galegos. Neste espazo cultural falamos coa súa organizadora, Soledad Felloza. Tamén presentamos teatro para reflexionar con Roberto Pascual.