A residencia literaria de Yolanda Castaño na Coruña
A poeta galega Yolanda Castaño preséntanos o seu proxecto máis importante, unha residencia literaria na Coruña.
A poeta galega Yolanda Castaño preséntanos o seu proxecto máis importante, unha residencia literaria na Coruña.
Viaxamos ata a Coruña para coñecer a residencia literaria da poeta Yolanda Castaño. Tamén falamos con Tito Lesende sobre as novidades musicais do panorama mundial.
Hoxe presentamos o Festival Atlántica, con 84 funcións e preto de 30 artistas. Neste espazo cultural tamén homenaxeamos o autor Antón Fraguas.
Hoxe temos Diario cultural dende a Feira do Cocido de Lalín. Música, letras e fotografía son os protagonistas deste especial.
O cartel das festas é unha moza cunha cestola na cachola. Trátase dunha creación de Miguel Peralta e Xoana Almar, membros da cooperativa Cestola na Cachola, con sede en Lalín.
Nesta viaxe a Lalín tamén conversamos con Celso Fernández Sanmartín, autor do libro A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez, na editorial Apiario.
“Estamos na primeira vez na historia da humanidade en que as xeracións máis lonxevas teñen pouco que ver na educación das xeracións máis novas, non son un referente”, afirma o autor.
Hoxe temos un especial dende a Feira do Cocido de Lalín. Falamos de cultura, libros e música con Celso Fernández Sanmartín. Coma cada xoves, estreas de cine con Begoña Vázquez.
Suso Vaamonde falecía en febreiro do ano 2000. 19 anos despois, o seu amigo, escritor, xornalista e tamén músico Miguel Boo publica a biografía do compositor vigués baixo o título Suso Vaamonde: voz de trebón.
Miguel Boo preséntanos Suso Vaamonde: voz de trebón, a biografía do compositor vigués Suso Vaamonde falecido hai 19 anos. Un músico que dedicou parte da súa traxectoria a pór melodía ás letras dos poemas dos grandes autores galegos. Ademais, falamos con Carlos Portela sobre banda deseñada e, en concreto, do cómic gañador do Man Book Price.
Manuel Gallego recibe o Premio Nacional de Arquitectura do Ministerio de Fomento. A súa obra é unha arquitectura comprometida con Galicia e co diálogo honesto entre os materiais tradicionais e a modernidade. Neste espazo cultural falamos con el sobre este recoñecemento e sobre a súa gran traxectoria.
O vindeiro 2 de marzo celébranse os Premios Mestre Mateo, a gran gala do audiovisual galego. A actriz Mela Casal recibirá o Premio de Honra Fernando Rey pola súa gran traxectoria no mundo do teatro, o cine e a televisión.
Mela Casal é o rostro e a alma de mulleres como Celia Rey, a alcaldesa en Portozás en Mareas Vivas; Sofía, unha das viúvas do mar en A vida por diante; Socorrito, no programa do Luar; ou a nai de Sito Miñanco en Fariña.
“Estou encantada, é un recoñecemento que nin nos mellores soños esperas”, conta nas ondas da Radio Galega.
Mela Casal é unha das persoas que máis loitou polo noso audiovisual dende hai máis de trinta anos. A cultura galega non sería o mesmo sen ela.
Entrevistamos a Mela Casal, a actriz galega que recibirá o Premio de Honra Fernando Rey dos Mestre Mateo pola súa traxectoria no mundo do teatro, o cine e a televisión. Coma cada mércores, tempo de teatro con Roberto Pascual.