Videos

Derradeiro festival A Candeloria en Lugo

Falamos con Manu Fernández, organizador do festival A Candeloria, que se celebra mañá no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Trátase da sexta e derradeira edición do festival, que mañá se despide tras 7 anos de traballo.

Podcast do ‘Diario cultural’ das 17:30

Neste Diario cultural falamos con Manu Fernández, organizador do festival A Candeloria, que se celebra mañá en Lugo e que tras seis edicións dirá o adeus definitivo por falta de axudas.

Tamén nos intorudimos na música tradicional galega da man do novo disco de Susana Seivane e escoitamos un novo capítulo da nosa laretada co ilustrador Pepe Barro.

Ademais, coma cada venres, Beli Martínez fálanos de cinema.

Marcos Teira presenta ‘Nós’

Nós é o novo traballo discográfico de Marcos Teira, un álbum en que segue unha liña flamenca mesturada co jazz. Trátase dun traballo colectivo, xa que Teira está acompañado por Alfonso Calvo no contrabiaxo, Isaías Salazar bailando, Moisés Fernández no caixón e na percusón e Alejandro Vargas no piano.

Este Nós preséntase mañá no Teatro Principal de Compostela.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

No Diario cultural de hoxe escoitamos a conversa que tivemos con Marcos Teira, que mañá presenta o seu novo disco Nós. Ademais, escoitamos algún dos temas do novo traballo de Factoría de Subsistencia e, coma cada xoves, Tito Lesende daranos as últimas novas do panorama musical.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Falamos da compañía de teatro Licenciada Sotelo, que presenta un espectáculo de danza contemporánea sobre a figura de Maruja Mallo. O estreo é hoxe en Ourense.

Tradúcese ao galego o libro ‘Se isto é un home’ de Primo Levi

O libro ‘Se isto é un home’, de Primo Levi, chega ás librerías traducido ao galego por Xoán Manuel Garrido Vilariño na Editorial Xerais.

Esta obra é o testemuño dunha persoa supervivente de Auschwitz e intenta afondar na condición humana. Como prende en nós a semente da intolerancia ata chegar a extremos como o exterminio?

Como foi humanamente posible o Holocausto nazi? E, máis concretamente: será posible de novo?

“Cando os discursos deshumanizadores conseguen arrastrar ás persoas comúns, aí esta o problema”, explica o tradutor Xoán Manuel Garrido Vilariño.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Entrevistamos a Xoán Manuel Garrido Vilariño, o traductor de Se isto é un home, de Primo Levi. Unha obra que afonda na condición humana capaz de realizar un exterminio como o Holocasto nazi.

Como cada xoves, avanzamos as estreas de cine da fin de semana, nesta ocasión co noso experto Moncho Lemos.

“Elisa e Marcela” chega á Berlinale

A productora executiva de Zenit acompáñanos dende Berlin nesta nova edición do Diario Cultural para falar da película de Isabel Coixet “Elisa e Marcela” que se proxecta hoxe na Berlinale.

O filme narra a historia de dúas mulleres galegas que se coñecen e namoran na escola onde traballan. A través da paisaxe de Galicia poderemonos achegar ata o primeiro matrimonio de mulleres en España a comezos do século XX.

 

 

Celebramos o Día Mundial da Radio con Medio Bolo

A Radio Galega celebra o Día Mundial da Radio con Medio Bolo, unha aposta pola música a través dos concertos de curta duración coa fusión de tradicional e electrónico de Baiuca e Aliboria. Explicanolo todo a coordinadora deste proxecto Xiana Arias

Podcast Diario Cultural das 17:30

No Diario Cultural de hoxe celebramos o Día da Radio cunha entrevista á coordinadora do proxecto Medio Bolo da Radio Galega. Ademáis ímos ata a Berlinae na compaña de Zaza Ceballos, productora executiva de Zenit, quen está detrás da película de Isabel Coixet “Elisa e Marcela”.  E na colaboración do día Rut Balbís falaranos da figura do productor dentro das artes en movemento.

 

Pin It on Pinterest