Videos

Podcast Diario Cultural das 14:45

O filme ‘Elisa e Marcela’, da directora Isabel Coixet, chega á Berlinale, o festival de cine de Berlín. Unha historia de Galicia dos primeiros anos do século pasado. “Hai moitos anos, nunha viaxe a Galicia, alguén me contou a historia de dúas mulleres que casaran no 1910. Sentín que tiña que contalo”, conta Coixet.

O theremin é o instrumento protagonista do novo disco de Paulo Pascual

Escoitámolo nas películas, na ficción e nas bandas sonoras. Pode que unha parte dos oíntes non se decaten, pero hai quen fica abraiado e pregúntase: que instrumento é ese? Así foi como Paulo Pascual Castro descubriu o theremín.

“É unha especie de caixiña con dúas antenas, que funcionan con dous campos electromagnéticos. Imos movendo a man e modulando o son”, explica o músico galego.

Paulo Pascual é o primeiro thereminista de Galicia en gravar un disco con este instrumento como protagonista. Este sábado podémolo ver en directo na Iguana de Vigo.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Escoitamos a música do theremin con Paulo Pascual Castro, un dos poucos músicos que saben tocar este instrumento. Como cada mércores, teatro con Roberto Pascual.

Descubren en Casaio pinturas rupestres de fai 5.000 anos

Carlos Tejerizo é o coordinador dun equipo de investigadores que acaba de descubrir en Casaio, na localidade ourensán de Carballeda de Valdeorras, o maior conxunto de pintura esquemática prehistórica en Galicia.

Podcast Diario Cultural das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural falamos co coordinador do equipo Sputnik Labrego, Carlos Tejerizo, sobre o descubrimento de pintura esquemática prehistórica en Casaio. Ademáis escoitamos un novo capítulo da nos alaretada con Pepe Barro e o noso colaborador Miguel Crespon achéganos a música clásica a través da inteliexencia artificial.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Comeza o ensaio de ‘Neoretranca e posmorriña’, a nova produción do Centro Dramático Galego. Unha obra que naceu no obradoiro de escrita teatral con Manuel Lourenzo.

A revista ‘A viñeta de Schrödinger’ chega ás librerías

Neste espazo cultural falamos de banda deseñada cun dos máximos referentes do país: Kiko da Silva. O segundo número da revista ‘A viñeta de Schrödinger’ chega ás librerías.

“Necesitamos que as administracións públicas apoien estes proxectos. Cara onde vai un país que non aprecia a súa cultura?”, pregúntase Kiko da Silva.

A revista é unha fiestra aberta a todo o que se está facendo no mundo da banda deseñada, conta o ilustrador.

Kiko da Silva explica nas ondas da Radio Galega que o obxectivo na actualidade é chegar a todos os públicos. “Que un neno poda ler unha revista de banda deseñada xunto a súa avoa e o seu pai”, asegura.

“Un país que non le é un país sen cultura, sen futuro”, engade.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Kiko da Silva cóntanos os últimos proxectos galegos en banda deseñada. Falamos con el sobre a situación da cultura do país. Como cada martes, chega o tempo de literatura con Armando Requeixo. Nesta ocasión recoméndanos dúas novelas publicadas por Isaac Xubín e Xesús Constela.

“Acaricia mis arrugas” é o novo album de Javi Maneiro

Viaxamos ata Ribeira para descubrir o segundo albúm en solitario de Javi Maneiro. “Acaricia mis arrugas” é o título dun disco no que maneiro se alonxa da estética, musicalidade e letras dos seus traballos en Jabón Blue ou en Heredeiros da Crus.

Podcast Diario Cultural das 17:30

Falamos con Javi Maneiro sobre o seu segundo disco en solitario titulado “Acaricia mis arrugas”. Tamén comezamos un novo capítulo das nosas laretadas co diseñador gráfico Pepe Barro e coma todos os luns falaremos de arte coa nosa colaboradora Rosario Sarmiento que nos trasladará ata Cuba.

Pin It on Pinterest