Podcast Diario Cultural das 14:45
A situación das mulleres na carreira científica é o tema central deste Diario Cultural. Tamén falamos co artista plástico Isidoro Valcárcel Medina.
A situación das mulleres na carreira científica é o tema central deste Diario Cultural. Tamén falamos co artista plástico Isidoro Valcárcel Medina.
Os trabalinguas son unha mostra da tradición oral de Galicia. A Editorial Galaxia publica Non trabes a lingua, de Antón Cortizas, a partir da iniciativa dun colexio mugardés. Como cada luns, falamos de música de raíz con Emilio Españadero.
O profesor Antón Cortizas recolle no libro Non trabes na lingua, da Editorial Galaxia, unha escolma de trabalinguas da tradición oral galega e outros creados polo alumnado dun colexio mugardés.
Xogando coas palabras conseguiron inventar trabalinguas dende cero, crear novos a partir dos existentes e recoller os propios da tradición galega.
O obxectivo é dar valor á cultura galega mediante o xogo coas palabras, coa música, a lingua e os dobre sentidos.
No contexto actual no que a cultura lúdica non está tan presente na xeracións máis mozas é esencial recuperar o xogo infantil. Os trabalinguas son unha forma perfecta de conectar cos máis pequenos a través da lingua e a diversión.
O lugar que non hai. Recital de Estevo Creus.
Mozas á fronte #1 Catro voces da música hoxe arredor de Bikini Kill na volta aos escenarios da banda referente do movemento riot-grrrl.
Falamos do discurso feminista de Bikini Kill na volta aos escenarios da banda 22 anos despois do seu último concerto. Tamén estaremos con Cibrán Tenreiro nunha nova entrega de “Un tema é un tema”.
Loreto Martínez Troncoso inaugura no Centro Galego de Arte contemporánea ‘Vestiges d’un ici, vestixios de si’. Ademais, na colaboración científica de Manuel Vicente falaremos de goblos sonda, radioactividade e ‘NOSA’ a primeira Axencia Espacial Escolar Galega
Nuria Sotelo presenta no festival Escenas do Cambio o proxecto cultural ‘A casa vella’ que desenvolve en Allariz. Amais, Anabel Gago fala da súa participación na performance de Esther Ferrer ‘Vouvos contar a miña vida. E coma cada sábado, Carlos Ares ponnos ao día co audiovisual galego.
O codirector da Sala Teatro Ensalle de Vigo, Pedro Fresneda, fala para o Diario Cultural do Festival de danza e teatro Isto Ferve.
Nesta edición de Diario Cultural falamos con Pedro Fresneda, un dos directores do Teatro Ensalle de Vigo. E como cada venres falamos de cinema e audiovisual con Beli Martínez.