Videos

Cal é a relación entre o centeo e o LSD?

Os galegos máis maiores recordan recoller e vender dentón, un fungo que nace no centeo. Trátase dun produto con características moi especiais.

A produtora Illa Bufarda pon en marcha unha campaña de mecenado para realizar unha longametraxe documental sobre este produto. Este mércores é a presentación no Museo do Pobo Galego de Compostela.

Sabela Iglesias e Adriana Villanueva ficaron abraiadas cando escoitaron por primeira vez: “A miña avoa traficaba con LSD”. Así comezaron a investigar e descubriron que é unha realidade compartida pola maioría de galegos.

A febre do dentón produciuse cando fallou a subministración rusa, o produtor máis importante da época. Nese momento descubriuse que o fungo que se daba en Galicia e en Portugal tiña unhas calidades extraordinarias, chegando incluso a ser mellor ca o ruso.

Este produto era comercializado para usos medicinais como, por exemplo, nos partos.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Sabela Iglesias e Adriana Villanueva, da produtora Illa Bufarda, poñen en marcha unha campaña de mecenado para realizar un documental sobre a historia do dentón en Galicia. Coma cada mércores, espazo de artes escénicas con Roberto Pascual.

Xulio Carballo publica ‘Os pioneiros da banda deseñada galega 1971-1979’

Hoxe facemos un percorrido histórico pola banda deseñada galega da man de Xulio Carballo, autor da primeira tese de doutoramento sobre os inicios do cómic en galego.

Podcast Diario Cultural 17:30

Hoxe facemos un percorrido histórico pola banda deseñada galega da man de Xulio Carballo, autor da primeira tese de doutoramento sobre os inicios do cómic en galego.

Ademais, a nosa colaboradora experta en poesía, Alba Cid, fálanos do oitavo título da colección principal de poesía de Chan de Pólvora.

Podcast Diario Cultural das 14:45

O Centro Galego de Artes da Imaxe acolle a proxeción de ‘Entre dos aguas’, coa presenza do seu director Isaki Lacuesta. Tamén falamos das novas formas de distribución de contidos en liña.

Xoana presenta o seu primeiro disco, ‘Dardos’

Xoana presenta o seu primeiro disco, ‘Dardos’, na Casa das Crechas de Compostela. O seu talento musical é herdado, xa que comparte paixón coa súa avoa e coa súa nai.

Adele e Rosendo son as base da súa inspiración musical. As letras, compostas pola súa nai, son parte fundamental da súa música. Xoana recoñece que foron moitas as ocasións en que lle preguntaron o motivo polo que cantaba en galego. A súa resposta é evidente: “O galego é a miña lingua”.

Con este primeiro disco, Xoana comeza a facer realidade o seu soño. “Gustaríame facer moitos directos, ir gañando táboas e poder dedicarme de forma profesional á musica”, explica.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Xoana presenta o seu disco ‘Dardos’ na Radio Galega. Tamén falamos de literatura co noso colaborador Armando Requeixo.

Falamos sobre os cambios no discurso lingüístico e de xénero nas conversas sobre mocear

Noemi Basanta acaba de presentar a súa tese de doutoramento sobre os cambios no discurso lingüístico e de xénero nas conversas sobre mocear. Con ela falamos sobre o tema para coñecer un pouco mellor este campo.

Podcast Diario Cultural 17:30

Noemi Basanta acaba de presentar a súa tese de doutoramento sobre os cambios no discurso lingüístico e de xénero nas conversas sobre mocear. Con ela falamos sobre o tema para coñecer un pouco mellor este campo.

Ademais, a nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, cóntanos cales son as novas mostras en Galicia. Entre elas atópase ‘Laxeiro-Seoane. Cruce de camiños’, que está na Fundación Luis Seoane da Coruña.

Podcast Diario Cultural das 14:45

A Asociación de Directores de Escena recoñece á traxectoria do director Xulio Lago coa entrega do seu galardón de honor. Un recoñecemento que premia o seu labor relevante na promoción e xestión do Teatro do Atlántico durante máis de trinta anos.

Pin It on Pinterest