Videos

Repasamos os premios galegos na gala dos Goya

Os Premios Goya estiveron protagonizados polo talento galego. Neste espazo cultural con Belén Regueira contamos con Ángel Suanzes, enviado especial da CRTVG, e coa nosa experta de Sala 5, Begoña Vázquez. Tamén falamos con Emma Lustres, produtora de Vaca Films.

A película A sombra da lei, dirixida por Dani de la Torre e protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner, conseguiu tres galardóns.

O galego Luís Zahera conseguiu o Goya a mellor actor secundario por El Reino, onde protagonizou a famosa escena do balcón.

Outros dos momentos máis emotivos da noite foi o discurso de Jesús Vidal ou a aplaudida actuación de Rosalía.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Repasamos os premiados da gala dos Goya e falamos da presenza do audivisual galego. Coma cada luns, música tradicional con Emilio Españadero.

‘Chola, a it girl preséntase esta fin de semana no Salón Teatro en Compostela

A actriz Laura Villaverde fálanos sobre a obra teatral que representará na capital galega. Trata sobre unha mecánica, bloqueira e youtuber que tras o seu éxito mediático fai que a chamen dun teatro para facer o seu primeiro tutorial en directo, no que revelará en dez pasos como converterse nunha auténtica ‘it girl’.

Podcast Diario Cultural 17:30

A actriz Laura Villaverde fálanos sobre a obra teatral que representará na capital galega. Trata sobre unha mecánica, bloqueira e youtuber que tras o seu éxito mediático fai que a chamen dun teatro para facer o seu primeiro tutorial en directo, en que revelará en dez pasos como converterse nunha auténtica ‘it girl’.

Ademais, a nosa colaboradora experta en audiovisual galego, Beli Martínez, infórmanos sobre as candidaturas máis destacadas nos Premios Goya, que serán esta fin de semana.

Podcast Diario Cultural das 14:45

O Festival Celtic Connections está protagonizado pola música galega. Falamos coa escritora María Reimóndez dos erros que se producen ao traducir obras de autoras feministas.

Escocia e Galicia, unidas pola música celta

A música galega viaxa ata Glasgow par ter un protagonismo moi especial no Festival Celtic Connections. Anxo Lorenzo, Mercedes Peón, Mónica de Nut, Tanxugueiras, Talabarte, A banda das crechas, Xabier Díaz, as Adufeiras de Salitre e Sondeseu serán os embaixadores da nosa cultura máis alá das fronteiras.

“Cada vez a música galega e o Camiño de Santiago son máis coñecidos en Escocia”, conta o gaiteiro Anxo Lorenzo, que viaxa coa música galega polos escenarios arredor do mundo.

A historia celta e o son da gaita son as raíces dunha cultura común entre Escocia, Irlanda e Galicia. Conexións entre países que representan a esencia de todos os galegos.

Podcast Diario Cultural das 10:30

A música galega é a protagonista do Festival Celtic Connections de Glasgow. O ensaio ‘O sentido do abraio’ é a recomendación do día de Montse Pena.

Baldomero Moreiras expón ‘O eco das amazonas” en Compostela

A mostra ‘O eco das amazonas’ rende tributo ás mulleres que deixaron a súa pegada na música, na arte, na ciencia, na literatura ou na política. O soporte que o pintor emprega é a esfera, o símbolo de harmonía co universo.

Podcast Diario Cultural 17:30

A mostra ‘O eco das amazonas’ rende tributo ás mulleres que deixaron a súa pegada na música, na arte, na ciencia, na literatura ou na política. O soporte que o pintor emprega é a esfera, o símbolo de harmonía co universo.

O noso colaborador Tito Lesende tráenos, unha semana máis, a axenda musical.

Podcast Diario Cultural das 14:45

A produción de Chévere Eroski Paraíso pecha a súa xira despois de tres anos de gran éxito.

Pin It on Pinterest