Videos

Tres galegas salvaron medio milleiro de persoas da persecución nazi

A escritora Eva Mejuto publica ‘Memoria do silencio’, un libro que narra a historia de tres irmás de Ribadavia que salvaron medio milleiro de persoas da persecución nazi. As tres galegas axudaban a cruzar a fronteira con Portugal.

A maioría de historias que coñecemos da II Guerra Mundial son produto de Hollywood e de protagonistas estranxeiros. Pero, que ocorreu en Galicia?

A historia destas tres mulleres foi viaxando de persoa a persoa a través dun libreiro de Monforte. Cando as atoparon, elas fixéronlle prometer ao libreiro que agardaría ata que elas morresen para contar a súa historia.

“Temos máis presente a historia mundial que a nosa”, lamenta a escritora e engade: “A literatura e a investigación poden rescatar o que a historia non contou”.

Agora, as súas vivencias quedarán gravadas para sempre sobre tinta e papel.

Podcast Diario Cultural das 10:30

O libro ‘Memoria do Silencio’ de Eva Mejuto conta a historia de tres mulleres galegas que salvaron medio milleiro de persoas da persecución nazi axudándolles a cruzar a fronteira con Portugal. Coma cada xoves, falamos de cine con Begoña Vázquez.

Federico Rivas protagoniza o Día da Ilustración neste 2019

Hoxe conmemórase o Día da Ilustración, coincidindo coa data do nacemento de Castelao. Unha data en que, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración, serve para homenaxear un autor histórico galego. Neste 2019 o protagonista é Federico Rivas.

Podcast Diario Cultural 17:30

Hoxe conmemorase o Día da Ilustración, coincidindo coa data do nacemento de Castelao. Unha data na que, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración, serve para homenaxear a un autor histórico galego. Neste 2019 o protagonista é Federico Rivas.

Ademais, a nosa colaboradora experta en artes do movemento, Rut Balbís, fálanos dun festival que virá á capital galega.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Castelao e Federico Rivas son os protagonistas do Día da Ilustración. A exposición ‘Federico Rivas. As liñas da beleza’ amosa as obras do artista na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura.

O Día da Ilustración conmemora a Federico Rivas

O 30 de xaneiro é o Día da Paz, pero tamén da Ilustración, xa que é a data de nacemento de Castelao. Esta edición está dedicada ao ilustrador Federico Rivas.

O vigués Federico Rivas foi un pioneiro na dirección de arte no ámbito da publicidade, chegando a ser un dos grandes artistas da década dos 20 e dos 30.

Neste espazo cultural falamos con Bea Lamas, quen descubriu a ilustración buscando novos camiños profesionais. Alí atopou un mundo apaixoante e tamén descubriuse a si mesma.

“O artista ten que enfrontarse só ao papel en branco, pero logo o traballo sae ao mundo e está presente na nosa vida diaria”, conta o ilustrador Santy Gutiérrez.

“Todo o que temos ao redor é ilustración, o noso traballo é moi social”, engade o experto.

Ambos recordan os seus inicios como ilustradores, unha paixón que foron descubrindo dunha forma moi natural nas súas vidas.

Nun día de celebración coma hoxe, a Cidade da Cultura e as bibliotecas galegas convértense no centro dun gran número de actividades relacionadas con este ámbito artístico.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Federico Rivas é o artista homenaxeado no Día da Ilustración. Coma cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.

Chuches Amil presenta ‘Monstros con ou sen consentimento’

Trátase dun libro-disco editado por Galaxia con cancións e contos para os máis pequenos.

Podcast Diario Cultural 17:30

Chuches Amil presenta ‘Monstros con ou sen consentimento’, un libro-disco editado por Galaxia con cancións e contos para os máis pequenos.

Ademais, dende outubro desenvólvese na cidade das Burgas un ciclo que trae as figuras máis destacadas dentro do mundo da música clásica. Xa vai na súa quinta edición e é un referente no que a música de cámara se refire. Coñecemos mellor este mundo co noso colaborador de música clásica, Luis Miguel Crespo.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Suso de Toro publica ‘Dentro da literatura’, onde analiza o presente e o futuro do mundo das letras.

Pin It on Pinterest