Videos

Podcast Diario Cultural 17:30

Comeza un dos eventos musicais de sons celtas máis potentes a nivel mundial. Desenvolverase dende o 17 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

Ademais, a nosa colaboradora experta en audiovisual galego, Beli Martínez, infórmanos sobre o festival que se celebrará este fin de semana na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza a Feira de Edición e Libro Ilustrado en Compostela. Unha mostra con forte presenza de Frida Kahlo e Simone de Beauvoir.

O documental ‘Pedrón do Freixo’ proxéctase no Teatro Colón da Coruña

Mañá proxéctase no Teatro Colón da Coruña o documental ‘Pedrón do Freixo’, de Ángel Cordero. Un documental baseado na vida e historia de José María Tojeiro Pita, ‘Pedrón’, que viviu toda a súa vida no Freixo, nas Pontes. Unha historia individual que representa a de moitas outras persoas en Galicia.

“A mirada de Pedrón mentres vía esta peza era para facer outro documental”, conta Ángel Cordero, quen valorou a forma na que Pedrón fixo positivo o entorno no que vivía para el mesmo e para os demais, un heroe da súa terra.

Tamén chega a terceira edición do #PequeFilmes. Neste espazo cultural da Radio Galega falamos con Jorge Rivero, coordinador do proxecto.

“Temos un obradoiro para construír un proxector de cine caseiro que funciona cun móbil e cunha caixa de zapatos”, explica.

Podcast Diario Cultural 10:30

O documental ‘Pedrón do Freixo’ proxéctase este sábado no Teatro Colón da Coruña. Coma cada venres, falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

Podcast Diario Cultural 14:45

O filósofo e matemático Javier Echeverría inaugura hoxe en Compostela o ciclo ‘Pensarmos’, onde explica a contorna dixital como un novo feudalismo.

Tamén falaremos da obra ‘Viñemos dalo todo’, da compañía Voadora. Este xoves día 24 é a estrea en Rianxo.

O teatro de Valle-Inclán e Shakespeare chega a Galicia

Neste espazo cultural con Paula Riveiro falamos de teatro, de dúas representacións teatrais desta fin de semana.

Por un lado, a obra ‘Da avaricia, a luxuria e a morte’, unha representación de Teatro do Noroeste feita a partir de textos de Valle- Inclán. Represéntase hoxe e mañá no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 20:30 h.

Un espectáculo teatral que fala dos pecados capitais. Textos escritos noutra época, pero que conectan de forma única coa realidade actual. Un dos temas tratados é a reivindicación da muller e o dereito a decidir sobre o seu propio corpo.

Tres obras de Valle-Inclán que parten da avaricia e a luxuria como un camiño que remata de forma inevitable na morte.

Tamén coñecemos máis sobre ‘Macbeth. O ruido e a furia’, unha adaptación da obra de Shakespeare feita por Estudo Momento. Estréase mañá, venres 25, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Falamos con Iria Ares e Carlos Mejuto, actores e directores do espectáculo.

Unha viaxe á chaira escocesa, unha Escocia que ten moito que ver coa nosa Galicia. Paisaxes compartidas onde medran paixóns e historias únicas creadas polo gran Shakespeare.

Aínda que transcorra o tempo, as paixóns das que falaba Shakespeare non cambian porque “a esencia das paixóns humanas non varía”, contan os directores.

“A ambición desmedida pode levar a pensar que o fin xustifica calquera medio”, engaden. Este será outros dos temas abordados no espectáculo.

Podcast Diario Cultural 10:30

As obras teatrais de Valle-Inclán e Shakespeare volven cobrar vida esta fin de semana en Compostela e na Coruña. Coma cada xoves, falamos das estreas cinematográficas con Begoña Vázquez.

‘Merquei unha postal de David Hockney’ chega á Mercedes-Benz Fashion Week Madrid

A galega Melania Freire presentará mañá a súa colección na anteriormente coñecida como Pasarela Cibeles.

Podcast Diario Cultural 17:30

A galega Melania Freire presentará mañá a súa colección na anteriormente coñecida como Pasarela Cibeles.

Ademais, o noso colaborador Carlos Portela chega, un mércores máis, para falarnos sobre banda deseñada.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos da obra ‘Golpistas e verdugos 1936. Historia dun pasado incómodo’, unha obra realizada polos investigadores de Histagra e publicada pola Editorial Galaxia.

 

Pin It on Pinterest