Videos

Diego Ameixeiras, o grande escritor galego de novela negra

Falamos de literatura negra co escritor, tradutor, guionista e divulgador, Diego Ameixeiras. Neste mes comeza na libraría Cronopios de Santiago de Compostela un taller de novela negra dirixido aos lectores: ‘Historia da literatura negra. Un paseo polo xénero noir a través de cinco obras’.

Este obradoiro comeza co Edgar Allan Poe.

“Foi realmente o fundador deste xénero, o primeiro ao que se lle ocorreu a idea de crear un detective e todos os escritores fomos detrás”, explica Diego Ameixeiras.

“A novela negra é unha forma de contar, de mirar…”, engade o escritor, quen recorda que a paixón por este xénero naceu cos seus primeiros pasos como lector.

A súa mirada de xornalista permítelle levar ao papel os feitos da actualidade informativa. Unha realidade diaria que sempre precisará atopar un refuxio na literatura.

Podcast Diario Cultural 10:30

Diego Ameixeiras cóntanos todos os segredos da literatura negra. Este mes comeza un taller de novela negra na libraría Cronopios de Santiago de Compostela. Edgar Allan Poe será o protagonista da primeira xornada. Como cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza a Feira de Artes Escénicas, formada por 16 espectáculos. Entre eles atopamos ‘Elisa e Marcela’.

Unha ruta polo patrimonio esquecido da Ribeira Sacra

Parece que todos coñecemos os destinos máis turísticos do mundo, eses puntos do mapa que ninguén quere quedar sen visitar algunha vez na vida. Pero, que ocorre co que temos ao carón da casa?

A asociación O sorriso de Daniel organiza rutas polos lugares galegos que agochan un gran patrimonio, pero que ninguén coñece. Así case un centenar de persoas participaron nunha xeira polas igrexas románicas da Ribeira Sacra.

“Non queremos centrarnos nos grandes edificios, monumentos e catedrais, queremos chegar máis alá porque en xeral hai un descoñecemento grande do que é o patrimono galego”, aseguran dende a asociación.

No próximo mes de febreiro, esta aventura por Galicia deterase en Betanzos para descubrir un pouco máis sobre esta vila. Unha actividade que dará luz sobre o seu pasado e memoria, segredos descoñecidos ata para os seus habitantes de sempre.

Podcast Diario Cultural 10:30

A asociación O sorriso de Daniel organiza actividades culturais para descubrir o patrimonio románico descoñecido en Galicia. Coma cada martes, tempo de literatura con Armando Requeixo.

Caleidoscópica publica o seu cuarto número, ‘Tránsitos’

A revista, que se publica cunha periodicidade anual, centra esta edición nos elementos que evocan o tránsito. Falamos con Pilar Abades, integrante do equipo editorial da revista.

Podcast Diario Cultural 17:30

A revista, que se publica cunha periodicidade anual, centra esta edición nos elementos que evocan o tránsito. Falamos con Pilar Abades, integrante do equipo editorial da revista.

Ademais, Rosario Sarmiento, colaboradora experta en arte, fálanos sobre dúas mostras que se atopan na capital galega.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos da nova programación do Centro Dramático Galego, onde o tema central xira arredor da identidade gaelga e da dramaturxia contemporánea.

O danés que chegou a Ordes para investigar sobre bruxería

Gustav Henningsen é un antropólogo e folclorista danés que realizou traballo de campo en Galicia nos anos 60. A Central Folque publica un libro que escolma algunhas das súas fotografías cun texto literario da poeta Estíbaliz Espinosa.

O danés buscaba lugares para investigar sobre bruxería e non tardaron en recomendarlle Galicia como un dos lugares nos que mellor se conservan as tradicións.

“O danés chega a Galicia buscando bruxería, pero non foi tan fácil. Para conseguir entrar nas casas e coñecer a vida da xente, comezou a sacar fotografías e regalarllas aos veciños, así foi gañando confianza”, conta o fotógrafo Eutropio Rodríguez.

“Tiña curiosidade por rexistrar as tradicións con fotografías, aínda que el non chegou con esa intención”, asegura Estíbaliz Espinosa, autora do texto.

Podcast Diario Cultural 10:30

O audiovisual galego triunfa nos Premios Feroz. Tamén falamos do libro ‘O danés curioso en Ordes’ e de música tradicional con Emilio Españadero.

Pin It on Pinterest