Videos

Cales son as bandas sonoras máis épicas da historia?

Cando escoitamos unha banda sonora é imposible non pensar nesa escena concreta da película e nas sensacións que o filme esperta en nós.

A música da Guerra das Galaxias debémoslla ao compositor John Williams. Superman tampouco sería o mesmo sen a súa banda sonora.

A paisaxe sonora cinematográfica máis representativa da nosa historia chega da man da Film Symphony Orchestra, unha agrupación adicada exclusivamente a interpretar a música do cine. Esta fin de semana actuarán en Vigo e na Coruña.

Outro autor esencial no mundo do cine é Ennio Morricone. Este ano podemos desfrutar da súa derradeira xira ao redor do mundo.

Podcast Diario Cultural 10:30

A banda sonora da Guerra das Galaxias ou Superman forma parte da historia da música e do cine. A Film Symphony Orchestra interpreta un concerto dedicado ao compositor John Williams esta fin de semana en Vigo e na Coruña. Como cada venres, tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas.

 

 

Coñecemos a exposición sobre Francesc Boix, o fotógrafo de Mauthausen

A mostra inaugurouse o xoves en Lugo, no vello cárcere. Está organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

Podcast Diario Cultural 17:30

A mostra sobre o fotógrafo de Mauthausen, Francesc Boix, inaugurouse o xoves en Lugo, no vello cárcere. Está organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

O noso colaborador experto en música, Tito Lesende, infórmanos sobre as propostas musicais desta semana, entre as que se atopa a actuación do grupo Love of Lesbian este sábado na cidade viguesa.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza a nova edición do festival de música folk Celtic Connections cunha ampla presenza de música galega. A orquestra Sondeseu foi a encargada de inaugurar o evento en Glasglow.

Lembramos a Castelao e a Camilo José Cela

O 17 de xaneiro de 2002 falecía o Premio Nobel da Literatura de 1989, Camilo José Cela. O autor de ‘La familia de Pacual Duarte’ e ‘La colmena’ convertiu a Galicia no centro das letras.

“Camilo José Cela deixou en Galicia un fondo cultural e artístico de primeiro nivel”, conta Covadonga Rodríguez, subdirectora da Fundación pública galega Camilo José Cela.

“Era un autor profundamente galego. A súa obra está chea de referencias a Galicia”, engaden dende a Fundación.

Xaneiro tamén foi o mes no que faleceu Castelao hai 69 anos. Para lembrar a súa figura facemos unha viaxe a través da música polos camiños de Castelao.

“Quixen compilar parte da música que soaba nos países nos que estivo Castelao nos anos nos que el os percorría”, explica Paul Daniel, director musical do proxecto.

A Real Filharmonía de Galicia actuará este xoves 17 nun concerto homenaxe na Cidade da Cultura. As entradas xa están esgotadas para escoitar a banda sonora da vida de Castelao, o escritor símbolo do exilio galego.

Podcast Diario Cultural 10:30

A obra de Camilo José Cela conta con numerosas referencias a Galicia, mentres que Castelao foi o escritor símbolo do exilio galego. Ambos faleceron nun mes de xaneiro e hoxe recordamos a súa obra e contribución as nosas letras. Como cada xoves, comentamos as estreas de cine con Begoña Vázquez.

“A sombra da lei”, o filme de Dani de la Torre, está nomeado a seis categorías nos Premios Goya

A edición 33 deste galardón celebrarase o sábado 2 de febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla.

Falamos con Xavi Font e Manu Riveiro, compositores galegos da película “A sombra da lei”, que están nominados á mellor música das medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos.

Podcast Diario Cultural 17:30

A edición 33 deste galardón celebrarase o sábado 2 de febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla.

Falamos con Xavi Font e Manu Riveiro, compositores galegos da película “A sombra da lei”, que están nominados á mellor música das medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos.

Ademais, a nosa colaboradora experta en artes do movemento, Rut Balbís, fálanos sobre as novidades máis próximas no mundo da danza contemporánea.

Podcast Diario Cultural 14:45

Recordamos a Begoña Caamaño, xornalista e escritora comprometida cos dereitos das mulleres. O Concello de Santiago nomeaa filla adoptiva da cidade e inaugura unha praza co seu nome.

Pin It on Pinterest