Videos

Bailamos música tradicional con Serxio Cobos

Bailar é unha forma de transmitir a nosa cultura e coidala para o futuro. Cando queremos conservar as palabras, podemos escribilas. E, para non esquecer as melodías, temos as partituras. Pero, como gardamos os bailes?

A solución son os ‘bailegramas’, que chegan da man do músico Serxio Cobos. “Cando era pequeno decateime da necesidade de escribir o que aprendía no baile”, conta o autor.

Podcast Diario Cultural 10:30

Descubrimos os ‘bailegramas’ de Serxio Cobos, creados para converter a música tradicional galega en pezas eternas que o paso do tempo non poda borrar. Como cada venres, Montse Pena recoméndanos obras de literatura infantil e xuvenil.

Podcast Diario Cultural 17:30

Celebramos os 20 anos do Festiclown, unha forma única de gozar do humor. Como cada xoves, música con Tito Lesende.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos co escritor Antón Lopo do seu novo libro ‘Extraordinario’, un percorrido pola memoria dunha infancia marcada pola figura materna. Unha historia sobre a xeración que medra nos últimos anos do franquismo.

O escritor explica que a súa obra é unha forma de narrar a vida, como “se sobes a un tren e falas cunha persoa que che conta a súa vida porque sabe que nunca máis vos atoparedes”, confesa Antón Lopo.

Luisa Castro publica o poemario ‘Actores vestidos de calle’

A escritora Luisa Castro presenta o poemario ‘Actores vestidos de calle’, publicado pola Editorial Visor. Esta obra chega nove anos despois do seu último libro, un tempo que aproveitou para “reflexionar e ler porque ás veces, a nivel literario, o tempo e a vida piden parar”

Neste tempo, Luisa Castro desenvolveu o seu traballo como directora do Instituto Cervantes, onde descubriu a importancia do traballo colaborativo. Agora volve cunha poesía renovada, froito do diálogo e de reflexión persoal. “Hai tanto sobre o que escribir. Todas as cousas do día son motivo de escritura”, conta a poeta.

O poemario ‘Actores vestidos de calle” fala da soidade do escritor e do que hai no interior de cada persoa. Como é o tempo de silencio cando un escritor deixa de escribir? Que hai detrás de nós cando nos quitamos a máscara?

Podcast Diario Cultural 10:30

Lemos o poemario ‘Actores vestidos de calle’ de Luisa Castro. Como cada xoves, as estreas cinematográficas chegan con Begoña Vázquez.

DJ Mil animará a noite de fin de ano na Praza de Cervantes de Compostela

“Phonorama” amenizará a noite de fin de ano na Praza de Cervantes en Santiago de Compostela desde a 01:00 da madrugada. Falamos con DJ Mil para que nos conte un pouco máis sobre a actuación e a súa carreira.

Podcast Diario Cultural 17:30

“Phonorama” amenizará a noite de fin de ano na Praza de Cervantes en Santiago de Compostela desde a 01:00 da madrugada. Falamos con DJ Mil para que nos conte un pouco máis sobre a actuación e a súa carreira.

Ademais, xunto á nosa colaboradora Rut Balbís, facemos un balance sobre a situación da danza no noso país.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos co músico Xabier Díaz e imos ata a MOTI de Ourense para vivir cos pequenos da casa a mostra de teatro infantil.

Rosalía de Castro, protagonista do premio nacional de ensaio

Hoxe viaxamos no tempo ata o 24 de febreiro de 1837, data na que nace a gran Rosalía de Castro. A obra ‘Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)’ de María Xesús Lama e publicada pola Editorial Galaxia vén de recibir o galardón do Premio Nacional de Ensaio 2018, un recoñecemento outorgado polo Ministerio de Cultura.

“Ter un premio nacional de ensaio é unha gran noticia para a cultura galega”, conta María Xesús Lama neste espazo cultural. Nas páxinas da súa obra, o lector pode descubrir unha imaxe diferente de Rosalía. “Os lectores amósanse abraiados despois de ler a obra”, asegura a autora.

Pin It on Pinterest