Videos

Podcast Diario Cultural 17:30

“O bestiario científico de Anxos Nogueirosa”, de Antonio M. Fraga, acaba de ser galardoado co I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil que publica Urco Editora.

A nosa colaboradora experta no audiovisual galego, Beli Martínez, fálanos sobre o cinema galego nas nominacións aos Goya.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos con Juan de la Colina, comisario da exposición “Maruxa”, na Fundación Seoane da Coruña.

O espectáculo ‘Movem Arcos’ chega á Casa de Rosalía

Leo i Arremecághona e Isaac Xubín estrean o espectáculo “Movem Arcos” este venres día 14 na Casa de Rosalía. Unha unión de diferentes formas culturais para crear un proxecto anovador no que se produce unha fusión entre a música e a poesía.

“O que facemos é mover os marcos das linguas, da música e da poesía para multiplicar por dez a mensaxe”, asegura Leo no Diario Cultural. Leo e Isaac levarán os ospectadores por un percorrido que, de seguro, sorprenderá.

O escenario non é casual, xa que os Rolling Stones e a ‘Negra Sombra’ de Rosalía de Castro tamén aparecerán neste espectáculo. Formas artísticas moi diferentes que, ao xuntarse, crean pezas nunca antes imaxinadas.

Podcast Diario Cultural 10:30

Descubrimos o espectáculo ‘Movem Arcos’ de Leo i Arremecághona e Isaac Xubín. Tamén falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

CGAC acolle a mostra “Mirada País. Videocreación”

O CGAC acolle hoxe ás 19:00 horas a segunda sesión da mostra “Mirada País. Videocreación”. Unha construción da imaxe videográfica de Galicia dende os anos 80 do século XX ata hoxe.

O ciclo “Mirada País” recolle pezas de máis de trinta artistas galegos para poñer en valor a potencialidade da creación audiovisual galega.

Podcast Diario Cultural 17:50

O CGAC acolle hoxe ás 19:00 horas a segunda sesión da mostra “Mirada País. Videocreación”. Unha construción da imaxe videográfica de Galicia dende os anos 80 do século XX ata hoxe.

Ademais, o noso colaborador experto en música pop e rock, Tito Lesende, tráenos os últimos concertos e novidades musicais. Entre os actos atópase a actuación do grupo madrileño Morgan, que estará o 14 de decembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Podcast Diario Cultural 14:45

Recordamos a figura da mestra e investigadora Sabela Labraña. Tamén celebramos os 35 anos da Revista Galega de Teatro coa súa directora, Vanesa Sotelo.

Mozart e Coldplay: pezas de arte de diferentes épocas

A Orquestra Vigo 430 aposta por un proxecto anovador no que mesturan a música clásica coa música actual de bandas como Coldplay, Queen ou Pink Floyd. Este venres día 14 actúan no Teatro AFundación de Vigo.

Neste Diario Cultual falamos con Andrea González, directora artística da formación, que se mostra moi ilusionada con esta iniciativa. “Creo nas sinerxias entre a música clásica e a actual. Este é un proxecto que nos define moi ben”. Tamén conversamos co director da orquesta, Carlos Rodríguez. Ambos coincidiron na importancia de romper as barreiras mentais e sorprender o publico co novo repertorio.

Os dous directores valoran que a maioría dos intérpretes son músicos que se formaron nos conservatorios galegos e que, ademais, a maioría son mulleres. “Este dato representa a realidade en Galicia e supón un gran progreso respecto ao noso pasado musical, no que temos moi poucas mulleres músicas”. A música esqueceu os nomes das mulleres ao longo da súa historia, pero esta orquestra loita por encher o baleiro.

O nome da orquestra ‘430’ fai referencia a un sistema de afinación clásico. No mundo musical enténdese como sinónimo de perfección, unha utopía cara á que sempre camiña esta formación musical.

Podcast Diario Cultural 10:30

Descubrimos o próximo concerto da Orquestra Vigo 430, no que mesturan a música clásica co pop e rock actual. Tamén falamos das candidaturas aos Premios Goya con Begoña Vázquez.

Preséntase o libro-disco “A Estrada da Vida”

Falamos dun traballo que mestura a poesía do escritor e mestre Xosé Luna, musicada por Manoele de Felisa. Contén catorce temas moi persoais, cun marcado ton biográfico que se recollen nun libro-disco que se presentou onte no Teatro Principal de A Estrada.

Pin It on Pinterest