Videos

Podcast Diario Cultural 17:30

Barahúnda saca novo disco, “Onde vai o mar”, e preséntao no Culturgal.

Ademais, a nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, preséntanos a mostra “Trece estampas da traizón”.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos do espazo de arte ‘Vida Galega’ de Carme Nogueira e da estrea comercial do filme ‘Trote’

Diana López consegue o Premio do Público do OUFF coa curta ‘Feminazi’

As artes son fundamentais para reflexionar sobre os dereitos humanos. Son moitas as películas que reclaman á igualdade e a defensa dos dereitos das mulleres.

A curtametraxe ‘Feminazi’, de Diana López Varela, vén de recibir o Premio do Público no Festival de Cine de Ourense. A directora reflicte unha realidade que ela mesmo viviu en primeira persoa e que representa a vida cotiá das mulleres.

Neste Diario Cultural falamos con Diana López sobre o termo ‘feminazi’. “O feminismo defende os dereitos das persoas, e o nazismo é todo o contrario”, explica.

Outro exemplo é ‘Tódalas mulleres que coñezo’, de Xiana do Teixeiro. “Camiñar de noite co número da policía marcado no móbil”, “poñer a capucha para parecer un home”ou “simular que falamos con alguén por teléfono” é a realidade á que nos afrontamos todas as mulleres, contan as protagonistas desta peza cinematográfica.

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos con Diana López sobre a curtametraxe ‘Feminazi’, que vén de recibir o Premio do Público do OUFF. Tamén conversamos de música tradicional con Emilio Españadero.

Recital de Noelia Gómez. A nova poeta rianxeira presenta primeiro libro: ‘O xiro’

Recital de Noelia Gómez. A nova poeta rianxeira presenta primeiro libro: ‘O xiro’

Podcast Diario Cultural 14:15

Descubrimos a cultura Sound System da man do colectivo galego Máis Lume. O grupo Feminine Hi-Fi visita Galicia para continuar defendendo os dereitos da muller a través da música.

Neste espazo cultural tamén falamos do novo disco de Charles Bradley, unha recompilación de pezas non publicadas que reflicten a súa vida e obra.

Presumido saca o seu segundo single e prepara novo disco

O dúo vigués de pop electrónico formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte saca o seu segundo disco. Ávila cóntanos como, logo de deixar a súa anterior productora, venderon os seus instrumentos para poder sacar adiante este novo proxecto.

Podcast Diario Cultural 17:30

O dúo vigués de pop electrónico, Presumido, sacan single e preparan o seu novo disco.

Ademais, a nosa colaboradora experta en audiovisual, Beli Martínez, fálanos sobre “Unha gran burla negra”, un documental de Diego Vites e Sara Pérez, que se estreou esta semana no Cineclube Compostela.

 

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza en Lugo a exposición fotográfica ‘O mundo ao principio’ de Virginia Rota. Tamén falamos con AveLina Pérez da estrea de ‘Deixa de tocala, Sam’.

Ugía Pedreira presenta ‘A comuna del barruzo’

Ugía Pedreira presenta o libro disco ‘A comuna del barruzo’. Neste novo traballo ofrece dez pezas en galego-asturiano, convértendose nunha ponte entre Galicia e Asturias. Unha historia protagonizada por seres máxicos e míticos que fan desta peza unha obra maxistral.

Un disco centrado no territorio, en dúas culturas que se mesturan e rachan coas fronteiras xeográficas. Música creada para bailar todos xuntos en familia e facer unha viaxe ata os anos 80.

Esta nova exploración musical é tamén unha oda á ruralidade, para recordar que as cidades viven grazas aos recursos do rural, así que propón unha volta ás aldeas.

Pin It on Pinterest