Podcast Diario Cultural 10:30
Letras e música en galego-asturiano con ‘A comuna do barruzo’ de Ugía Pedreira. Tamén falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.
Letras e música en galego-asturiano con ‘A comuna do barruzo’ de Ugía Pedreira. Tamén falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.
“Yellow Submarine” é unha adaptación á banda deseñada do filme, co que se celebra o seu 50 aniversario. Trátase dunha publicación de 112 páxinas, redebuxadas por Bill Morrison.
Na historia John, Paul, George e Ringo viaxan a Pepperland e loitan para liberar esta terra do malvado gobernante Xefe Mezquino Azul, que detesta a música.
Falamos con Tomás González, editor do libro “Contos dos Sacaúntos. Romasanta e as mulleres”.
Tamén imos ata a Sala Capitol, onde esta noite NAO estrea o seu novo disco, “Ata que o lume se apague”.
O noso colaborador, Carlos Portela, amósanos o cómic dos Beatles.
Descubrimos o Festival Novos Cinemas e despedimos o OUFF. Tamén falamos coa escritora Lucía Aldao sobre o seu primeiro libro.
Hoxe finaliza o Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, cunha gala de clausura na que o director de cine Xavier Bermúdez recibirá a Calpurnia de Honra, o recoñecemento máis importante do evento. O nome de Calpurnia fai referencia á primeira habitante coñecida de Ourense na época romana.
Neste Diario Cultural falamos con Xavier Bermúdez e recordamos algunhas do seus filmes máis célebres como ‘Nena’, ‘León y Olvido’ ou ‘Rafael’. O dramaturgo ourensán foi o primeiro en realizar un filme cun protagonista con Síndrome de Down, un feito moi aplaudido por numerosas asociacións.
O Festival de cine ourensán tamén presentou a monografía ‘Dos pés á cabeza. As películas de Xavier Bermúdez’, escrita polo historiador cinematográfico e crítico de cine Eduardo Galán. O escritor asegura que ‘o cinema galego existirá cando un cineasta, cunha visión persoal propia, resulta recoñecido fóra das fronteiras de Galicia como algo xenuíno”, ao que engade que “as películas de Xavier Bermúdez representan o país dunha forma moi acertada”.
O director de cine Xavier Bermúdez recibirá a Calpurnia de Honra na gala de clausura do Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUFF. Tamén falamos de teatro con Roberto Pascual.
O filme “As Bruxas de E´lente” presentouse esta fin de semana no OUFF. Simón Vázquez, director da película, fálanos de como naceu a idea e como se levou a cabo.
O filme “As Bruxas de E´lente”, dirixido por Simón Vázques, presentouse esta fin de semana no OUFF.
Ademais, imos ata a tenda de instrumentos musicais Estudio 54, en Santiago de Compostela. O lugar é un punto de encontro de musicos da escena galega e incluso estatal.
Finalmente, o noso colaborador Miguel Crespo fálanos sobre o violinista, compositor, director e docente galego, Andrés Gaos.
Celebramos o 170 aniversario da Banda de Música de Santiago de Compostela co concerto ‘A toda banda’ no Auditorio de Galicia. Tamén descubrimos a arte na Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea que abre as súas portas este martes 4 de decembro.
A Factoría de Subsistencias presenta o seu novo traballo “Amores Fraticidas”. Neste Diario Cultural falamos con Josito Porto, un dos integrantes do grupo, despois da presentación oficial do disco no Culturgal de Pontevedra.
As cancións ‘Bágoas de fresa’, ‘Histérico, Volverei’, ‘Feo’, ‘Sorriso animal’ ou ‘Un mundo feliz’ son algunhas das composicións feitas por Josito Porto, Sabela Dacal, José Lameiras e David Cid.
As súas pezas están compostas coa mestura da acidez e da suavidade para retratar a paisaxe da realidade, sen esquecer a importancia social de denunciar e defender a liberdade.