Podcast Diario Cultural 10:30
Falamos con Josito Port0, integrante do grupo Factoría de Subsistencias, que vén de presentar o seu novo disco ‘Amores Fraticidas’. Como cada martes, conversamos con Armando Requeixo sobre narrativa.
Falamos con Josito Port0, integrante do grupo Factoría de Subsistencias, que vén de presentar o seu novo disco ‘Amores Fraticidas’. Como cada martes, conversamos con Armando Requeixo sobre narrativa.
O filme “Con el viento”, dirixido por Meritxell Colell Aparicio, gañadora da Biznaga de Prata ao Mellor Filme da Competición Zonazine no Festival de Málaga 2018, proxéctase no Numax.
A película narra a historia de Mónica, unha bailarina que se ve obrigada a volver á casa por un problema familiar e se refuxia dos problemas na danza.
O Auditorio Municipal de Ourense acolle hoxe o concerto “Mestre Vide. Obra para piano e canto-piano”, de Noemí Salomón ao piano e Anaís Fernández como soprano.
“Con el viento”, un filme dirixido por Meritxell Colell Aparicio, proxéctase en Numax.
Ademais, Menchu Lamas entra na Academia Galega de Belas Artes.
Descubrimos as III Xornadas Internacionais José Saramago, organizadas pola Universidade de Vigo. Tamén falamos da entrega do Premio Wonemburguer a Alicia Estévez, catedrática de microbioloxía da Universidade de Santiago.
A escritora alemá Úrsula Heinze publica a novela en galego ‘Delirios de pracer’, unha obra na que trata o tema da sexualidade nas persoas maiores. Tamén falamos de música tradicional con Emilio Españadero.
Úrsula Heinze rompe cos tabús e publica ‘Delirios de pracer’, unha novela que fala da sexualidade na terceira idade. Neste Diario Cultural falamos de literatura e pracer a través da mirada de Sara, a protagonista deste libro.
“As persoas non perden a súa sexualidade ao cumprir anos”, asegura Úrsula Heinze. Naturalidade e realidade son os valores que están presentes nunha obra que busca dialogar con todas as persoas maiores para empatizar con elas e, ademais, falar sobre un tema silenciado na sociedade.
A escritora Úrsula Heinze demostra unha vez máis que se atreve a falar do que ninguén fala. Os últimos libros de Heinze falaban da depresión dende a ficción e dende o ensaio en primeira persoa.
Relatamos unha das presentacións máis singulares da feira e percorremos os stands á procura da visión de media ducia de editoras sobre a campaña de novidades que xera a feira das industrias culturais.
As obleas poéticas de Lucía Aldao puxeron a ‘comulgar coa poesía galega’ ao público de Culturgal. Relatamos unha das presentacións máis singulares da feira e percorremos os stands á procura da visión de media ducia de editoras sobre a campaña de novidades que xera a feira das industrias culturais.
O premio nobel de química Jean Pierre Sauvage visita Compostela e cóntanolo o noso divulgador científico, Manuel Vicente.
O escritor e profesor Manuel Portas gaña o Premio de novela Blanco Amor coa obra ‘Por puntos’. O certame da Deputación de Ourense e a Fundación Blanco Amor está dotado con 15 mil euros e entregase esta tarde no 39 aniversario do falecemento do autor de “A Esmorga”.