Videos

Menchu Lamas ingresa na Real Academia de Belas Artes

Carmen Lamas, máis coñecida por Menchu Lamas, ingresa este sábado día 1 de decembro na Real Academia de Belas Artes. Será a quinta muller en acceder a un posto na institución.

Podcast Diario Cultural 17:30

Comeza en Pontevedra a XI edición de Culturgal, a feira das industrias culturais que contará con actividades para nenos, foros, música e presentacións de libros, entre outras actividades.

Falamos tamén con Menchu Lamas sobre o seu ingreso este sábado día 1 de decembro na Real Academia das Belas Artes.

Por último, a nosa colaboradora experta no audiovisual galego, Beli Martínez, amósanos o festival PortoPostDoc, un encontro que busca fortalecer a conexión audiovisual luso-galaica.

Podcast Diario Cultural 14:45

Culturgal é o espello da cultura en Galicia. Máis dun centenar de actividades representan as últimas novidades e tendencias en todos os ámbitos culturais. Dende este venres, día 30, ata o domingo, día 2 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Comeza Culturgal, a gran cita da cultura en Galicia

Comeza Culturgal, a gran feira da cultura galega, na que se reúnen os representantes do mundo da música, a ciencia, a literatura, o teatro, a arte ou a ciencia.

Neste Diario Cultural viaxamos ata o Pazo da Cultura de Pontevedra, onde a música de Carlos Nuñez e as letras de Manuel Rivas convértense nun dos protagonistas desta fin de semana.

Este venres día 30, a ciencia chega da man do CSIC coa actividade interactiva ‘Microbios ao teu redor’. Os participantes descubrirán onde se atopan os microorganismos na nosa vida cotiá, xa sexa nos alimentos, nas superficies ou nos cepillos de dentes.

Podcast Diario Cultural 10:30

Culturgal chega un ano máis a Pontevedra, cheo de arte, literatura, música e ciencia. Como cada venres, falamos de literatura con Montse Pena.

O Centro PEM de Galicia entrega hoxe os XII Premios Rosalía de Castro

O Centro PEM de Galicia entrega os XII Premios Rosalía de Castro a Carmen Boullosa, Nuno Júdice, Sergi Belbel e Harkaitz Cano. O acto será hoxe ás 20:30 na Sala Eisenman, na Cidade da Cultura.

Falamos no programa con Xabier Castro, director do PEN en Galicia, e con Carmen Boullosa, galardoada no certame.

Podcast Diario Cultural 17:30

Tito Lesende infórmanos sobre as novidades musicais para esta fin de semana.

Ademais, falamos sobre a entrega de Premios Rosalía de Castro, do Centro PEM de Galicia, co director do centro, Xabier Castro, e coa galardoada Carmen Boullosa.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza OUFF, o Festival de Cine de Ourense. Este proxecto botou á andar no 1995 e esta nova edición estará centrada no feminismo e na xente nova.

A microbióloga Alicia Estévez Toranzo recibe o premio Wonenburger 2018

A microbióloga Alicia Estévez Toranzo recibe o premio Wonenburger 2018, un recoñecemento a unha gran traxectoria profesional na que hai un gran número de artigos científicos publicados, investigacións, proxectos e patentes.

Neste Diario Cultural falamos coa científica sobre acuicultura e patoloxías. Un dos retos que persegue na actualidade é averiguar como influé o cambio climático nos peixes que se crían na piscifactoría. Polo momento, está demostrado que o aumento da temperatura afecta tanto o peixe como os microorganismos.

Alicia Estévez Toranzo denuncia que o problema da conciliación laboral e familiar segue sendo unha cuestión de mulleres, polo que son elas as que seguen sufrindo as inxustas consecuencias de ser nais.

Os estereotipos de xénero son outra das cuestións que máis preocupa á microbióloga. Dende a infancia, é importante educar na igualdade e recordar que todos temos as mesmas capacidades para rachar coa idea de que os homes teñen que estudar carreiras como enxeñaría ou informática, mentres que as mulleres están máis preparadas para carreiras vinculadas cos coidados ou as humanidades.

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos coa microbióloga Alicia Estévez Toranzo, que vén de recibir o Premio Wonemburger 2018. Como cada xoves, cine con Begoña Vázquez.

Pin It on Pinterest