Videos

Davide Salvado despide a súa xira “Lobos” na Casa das Crechas

Davide Salvado despídese de “Lobos” para centrarse no que será o seu novo espectáculo. Co concerto deste venres na Casa das Crechas, Davide, acompañado por Santi Cribeiro, Carlos Freire e Pablo Dalama, pon fin a unha xira que levou á banda por boa parte do estado, Canadá, Finlandia, Bélxica ou Portugal.

Podcast Diario Cultural 17:30

Davide Salvado acompáñanos para falar sobre o fin da súa xira “Lobos”.

Ademais, a nosa colaboradora do mundo audiovisual, Beli Martínez, fálanos sobre David Hernández, un realizador vigués que a semana pasada estreou “A felicidade dos cans” no Festival de Xixón e en Cineuropa.

Podcast Diario Cultural 14:45

O proxecto ‘Unha gran burla negra’ crea memoria sobre o Prestige. Neste espazo cultural falamos cun dos seus promotores, Germán Labrador. Tamén presentamos Culturgal, a feira de industrias culturais que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra a finais deste mes.

A Irmandade da Sanidade Galega homenaxea a Chano Piñeiro

A Irmandade da Sanidade é unha asociación impulsora do uso do galego nas áreas sanitarias. Os seus membros, conscientes da desgaleguización que sofren espazos como os hospitais, loitan para que os profesionais do sector empreguen a lingua propia. Desta forma, os pacientes séntense máis acollidos ao ver que o persoal fala no seu propio idioma.

Esta fin de semana, a Irmandade da Sanidade homenaxea ao cineasta e boticario Chano Piñeiro polo seu compromiso coa lingua e a cultura do país. Neste Diario Cultural falamos sobre a vida e obra deste artista con Marilu Casal e Nando Casal. “A botica pode solucionar os problemas do corpo, pero a música é alegría para a alma”, asegura Nando Casal.

A cultura non é cousa de xente de letras, senón que é ‘cousa de todos’ aseguran dende a Irmandade. A unión entre arte e ciencia rompe con este prexuízo erróneo e recorda que a cultura tamén está presente nas ramas científicas.

Podcast Diario Cultural 10:30

A Irmandade da Sanidade Galega homenaxea a Chano Piñeiro polo seu compromiso coa lingua e a cultura. Tamén falamos de literatura feminista con Montse Pena Presas.

“Cociñando con bolboretas no bandullo”, un libro con receitas cheas de amor

“Cociñando con bolboretas no bandullo”, un libro de Diana Fernández e David Díaz, ilustrado por Iván Rodríguez e editado por Xerais.

Unha publicación na que cada receita garda unha historia de amor. Relatos que engaiolan con sabor e diversión. Un recetario pensado para os máis cativos, que conta ademais cunha canle de Youtube onde se poden ver as receitas a través dos códigos QR que aparecen en cada unha de elas.

Podcast Diario Cultural 17:30

“Cociñando con bolboretas no bandullo”, un libro de Diana Fernández e David Díaz, ilustrado por Iván Rodríguez e editado por Xerais.

Tito Lesende preséntanos o panorama musical desta semana. Brais Morán pecha o ciclo DOCE na Sala Mardi Gras da Coruña este venres 23 de novembro. Ademais, o Coliseum da cidade herculina recibe un dos concertos de Loquillo. En Ponteareas, Santi Araújo presenta este domingo o seu disco “Catedral”, publicado a comezos deste mesmo mes.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza en Pontevedra o foro Urbtopías, un punto de encontro e reflexión sobre o futuro das cidades. Este proxecto reúne no Museo de Pontevedra a expertos do espazo urbano para conversar sobre transformacións urbanas e calidade de vida.

As cantigas das mulleres que traballaban nas conservas

As cantigas das mulleres que traballaban no mar reflicten as duras condicións laborais e visibilizan ás miles de mulleres que sacaron adiante o sector das conservas en Galicia. Este será o tema principal da xornada Café na Memoria que terá lugar este xoves día 22 no Museo do Pobo Galego.

As mulleres cantaban como unha forma de amenizar as longas e esgotadoras xornadas de traballo. Agora, as súas voces convértense nunha fonte histórica fundamental para coñecer o noso pasado.

Hoxe falamos neste ‘Diario Cultural’ con Xurxo Souto, impulsor deste proxecto de recuperación de músicas e cantos de traballo das mulleres do mar.

“Son as mulleres que fixeron país, as que desenvolveron a economía da costa”, explica no noso espazo de cultura.

 

 

 

 

 

 

 

 

Podcast Diario Cultural 10:30

Celebramos Santa Icía, patroa da música, cunha descuberta: os cantos das mulleres que traballaban nas fábricas de conservas de Galicia, en que se reflectían as súas condicións laborais e a súa realidade cotiá. Tamén falamos de estreas cinematográficas con Begoña Vázquez.

Pin It on Pinterest