Videos

‘Cándido e os demais’ recibe o XI Premio Internacional Compostela

‘Cándido e os demais’ recibe o XI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Un galardón que convoca o departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora, que nesta edición se lle entrega á obra de Fran Pintadera e Christian Inaraja. Un libro ilustrado que fala sobre o tratamento da diversidade e da diferenza. Falamos cos autores da obra.

Podcast Diario Cultural 17:30

‘Cándido e os demais’ recibe o XI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.

Ademais, falamos co fotógrafo Adolfo Enríquez, gañador do premio Siena International Photo Awards.

Carlos Portela amósanos ‘Eu, tolo’, a segunda publicación dunha triloxía de Keko e Antonio Altarriba.

Podcast Diario Cultural 14:45

O escritor Claudio Rodríguez Fer publica ‘A muller sinfonía’, unha colección de poemas que soan a Bob Dylan, Silvio Rodríguez ou Léo Ferré. Poesía e música mestúranse para crear arte. Tamén falamos de Cineuropa e do festival de danza de Ourense.

Arte con ‘Modelando vidas’ no Museo Provincial de Lugo

As ondas radiofónicas lévannos ata o Museo Provincial de Lugo, onde xa está inaugurada a exposición ‘Modelando vidas’ dedicada ao escultor Juan Puchades. A mostra conta con 47 obras, así como tamén maquetas de obras públicas e esbozos.

Neste ‘Diario Cultural’ falamos con Aurelia Balseiro, comisaria da mostra, quen destaca a obra en ferro do autor: “El modela en ferro, non é que estea soldando placas de ferro”. O resultado son pezas cunha carga moi alta de expresividade e emoción. Obras como ‘Muller con fillo’, ‘Berro ao baleiro ou ‘Opresión materialista’ transmiten a dor, a angustia e a dureza do traballo.

Podcast Diario Cultural 10:30

Inauguración da exposición ‘Modelando vidas’ no Museo Provincial de Lugo. Coma cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.

Mulleres Enredadas: reinventando coplas, xotas ou alalás

Carmen París, Martirio, Uxía e Ugia Pedreira conforman Mulleres enredadas. Estas catro mulleres reinventan xéneros como a copla, a xota ou os alalás con outras músicas facendo que cheguen a outra audiencia.

Podcast Diario Cultural 17:30

Mulleres Enredadas chega este xoves ao Teatro Colón da Coruña.

Ademais, Luis Miguel Crespo fálanos sobre o 3º Ciclo Lírico Ourense 2018 que se celebrará na cidade das Burgas esta fin de semana.

Podcast Diario Cultural 14:45

‘A estrela errante’ é un dos últimos proxectos musicais de Robert Perdut, o protagonista do novo filme de Alberto Gracia. Falamos co dramaturgo neste tempo de ‘Diario Cultural’.

Trinta anos de teatro afeccionado coa compañía Achádego

A compañía clásica de teatro afeccionado Achádego celebra os seus trinta anos sobre os escenarios. Neste ‘Diario Cultural’ falamos con Tareixa Campo, fundadora do grupo, quen nos controu que o teatro é necesario para a vida porque axuda a desenvolver a empatía, o coñecemento cultural, practicar a memoria e fomentar a convivencia en grupo.

Un dos actores da compañía é Suso Meilán, quen leva 29 anos gozando da súa paixón polo teatro. As persoas coas que compartía esta actividade foron o seu primeiro achegamento a este mundo, pero logo descubriu a súa gran paixón polo arte dramática.

A compañía Achádego organizará unha serie de actividades durante a próxima fin de semana no Vello Cárcere de Lugo. Nelas participarán referentes do mundo artístico como Antonio Mourelos, Jorge Coira, Tamar Novas e Mercedes Castro.

 

 

 

 

Podcast Diario Cultural 10:30

Aniversario da compañía Achádego sobre os escenarios e obras literarias recomendadas por Armando Requeixo.

Pin It on Pinterest