Videos

Comeza a Semana do Cine Submarino en Vigo

Vigo celebra a súa Semana do Cine Submarino coa proxeccións de películas e documentais que mesturan o mundo do mar co audiovisual. O director deste evento, José Luis González, é un grande apaixonado da fotografía submarina e pon en valor a riqueza e a diversidade das Rías Baixas, así como a capacidade investigadora de Galicia.

O director reflexionou nas ondas da Radio Galega sobre a evolución do tempo e as facilidades que brinda a era dixital para aprender, por exemplo, a realizar fotografías do fondo do mar. Aínda así, asegura que aprender a linguaxe submarina e os comportamentos animais significa acceder a contidos divulgativos e investigacións realizadas por expertos que van moito máis máis alá dos dispoñibles en Internet.

Nesta edición de ‘Diario Cultural’ tamén nos despedimos de Stan Lee, creador do universo Marvel. A el debémoslle o nacemento de heroes que cambiaron a cultura e seguen vivos no mundo do cine, dos libros e dos videoxogos.

 

Podcast Diario Cultural 10:30

Comeza a semana de cine submarino en Vigo e chegan as recomendacións literarias con Armando Requeixo.

Seminario Permanente de Comunicación e Xénero en Compostela

Hoxe desenvolveuse na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela a primeira sesión do Seminario Permanente de Comunicación e Xénero. O encontro foi organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e estivo dirixido pola catedrática de Ciencias da Comunicación e Publicidade da USC Margarita Ledo Andión.

O seminario busca ser un foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención na visibilización informativa e cinematográfica da identidade de xénero.

Podcast Diario Cultural 17:30

Entrevista ao músico Daniel Minimalia, nomeado nos Hollywood Music in Media Awords. Colaboración de arte con Rosario Sarmiento. Laretada co rapeiro García.

Podcast Diario Cultural 14:45

Entrevista á escritora Marilar Aleixandre, autora do libro ‘A filla do Minotauro’. Entrevista á responsable do ciclo de cine “Mulleres experimentais de América Latina”, Ángela López Ruíz.

 

 

 

 

María Reimóndez publica ‘O xeito das froitas’

A escritora María Reimóndez publica ‘O xeito das froitas’, unha obra con ilustracións de Alicia Varela dirixida aos máis pequenos da casa. Este libro reflexiona sobre quen somos e as reaccións ante o diferente. “Ser quen somos non debería ser un acto de rebeldía, pero por desgraza é unha realidade para moitas persoas”, explica María Reimóndez, quen considera a literatura como un mecanismo para intervir socialmente contra os patróns que a sociedade vende como “normais”.

Outro dos temas presentes nesta obra é o concepto de pobreza, como afrontan os máis pequenos o feito de non ter cartos para comprar o material escolar? Cal é a reacción dos compañeiros de clase? Os prexuízos entre o rural e o urbano aparecen tamén nesta libro de María Reimóndez, quen consegue abrir os ollos do lector ante unha realidade que vive moi preto de nós.

Podcast Diario Cultural 10:30

A escritora María Reimóndez publica ‘O xeito das froitas’, un libro que reflexiona sobre quen somos e rompe cos prexuízos. Tamén escoitamos a música de Leilía con Emilio Españadero.

Unha falcatrueira e un micro: Nurial Vil

Unha falcatrueira e un micro. Poesía oral en directo na Radio Galega. Recital de Nuria Vil.

Un tema é un tema: a orixinalidade

Xogamos ás adiviñas con Cibrán Tenreiro e aprendemos a que cancións se parecen “Te vas con cualquiera” de Novedades Carminha, “Buraco negro” de Sr. Anido e Sra. Álvarez, “Tryin’ to fuck me” de Cudevaso ou “Nobody Really Cares if You Don’t Go to the Party” de Courtney Barnett. Todo para tratar o tema da orixinalidade e rematar no tema a escoitar: “Llueve”, de Siniestro Total.

Podcast Diario Cultural 14:15

Break dance en Compostela cos breakers das galerías do Valle Inclán. Nova colaboración “Un tema é un tema”, de Cibrán Tenreiro. Recital de Nuria Vil.

Pin It on Pinterest