Videos

O director vigués Fon Cortizo presenta en Cineuropa a súa nova longametraxe ‘9 fugas’

Convesamos co director vigués Fon Cortizo, que presenta en Cineuropa un adianto da súa nova longametraxe: ‘9 fugas’. Unha orquestra investiga os sons do pasado que evocan a historia de tres mulleres obrigadas a fuxir. A orquestra improvisa nove fugas. Nove historias que procuran unha saída.

Podcast Diario Cultural 9:30

Convesamos co director vigués Fon Cortizo, que presenta en Cineuropa un adianto da súa nova longametraxe: ‘9 fugas’. Unha orquestra investiga os sons do pasado que evocan a historia de tres mulleres obrigadas a fuxir. A orquestra improvisa nove fugas. Nove historias que procuran unha saída.

O noso divulgador científico Manuel Vicente fía unha colaboración sobre o Frankestein de Mary Wollstonecraft Shelley no 200 aniversario da súa publicación. Unha conversa na que procura algunhas conexións entre Shelley e a ciencia, algunhas máis obvias ou coñecidas outras non tanto. Todo comezou dous anos antes en 1816 cando Shelley e o seu marido visitan a Lord Byron e o seu asistente Jonh Polidor en Vila Diodati en Suíza.

Alí é onde Byron lles propón aos 4 construír unha historia de terror. O especial dese verán foi que non houbo verán.

Conversamos con Comba Campoy sobre os últimos días de Titiriberia

Conversamos con Comba Campoy, da asociación ‘Morreu o demo’, sobre os últimos días de Titiriberia. O festival de monicreques de Teo estrea ‘As Varietés de Barriga Verde’ e revisa o rol da muller nas marionetas tradicionais co espectáculo ‘Dona Barriga Verde’ de Larraitz Urruzola.

Podcast Diario Cultural 9:30

Conversamos con Comba Campoy da Asociación “Morreu o demo” sobre os últimos días de Titiriberia. O festival de títeres de Teo estrea ‘As Varietés de Barriga Verde’ e revisa o rol da muller nos titeres tradicionais co espectáculo ‘Dona Barriga Verde’ de Larraitz Urruzola.

Revisión das traxectorias de Chichi Campos e Antonio Blanco no centro do comentario semanal de Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual. Tamén nos fala do Gitafon que se celebrará na Coruña onde o audiovisual galego se converterá en creacións en formato.

Chega ás librarías a primeira parte de ‘As crónicas do viaxante’, de Carlos Vila Sexto

Falamos con Carlos Vila Sexto, autor da triloxía ‘As crónicas do viaxante’. Chega ás librarías a súa primeira parte, ‘O pasaxeiro 19’.

Podcast Diario Cultural 17:30

Carlos Vila Sexto presenta “As crónicas do viaxante”. Viaxamos a Bueu para coñecer os preparativos do concerto de Dakidarría polo seu décimo quinto aniversario. Colaboración de Beli Martínez

 

Podcast Diario Cultural 14:45

Compostela Ilustrada, o encontro internacional de cadernos de viaxe que celebra a súa terceira edición. A arte e a cultura chegan a Santiago esta fin de semana co obxectivo de compartir paixón entre os profesionais deste eido.

Asalto ao ring de boxeo para loitar con palabras

A Cidade da Cultura, un ring de boxeo e un gran número de participantes son os protagonistas do ciclo Asaltos, unha iniciativa na que os loitadores soamente poden empregar unha única arma: as palabras. A primeira xornada, este venres día 9, contará coa participación do periodista Óscar López, o crítico literario Ramón Nicolás e a libreira Alejandra de Diego. Este debate será moderado por Francisco Castro, director da Editorial Galaxia.

A coordinadora do proxecto, Alba María, visitou o Diario Cultural e asegurou que “empregar as palabras para expresar o que pensamos e sentimos é absolutamente poderoso”. O conflito como unha forma de buscar argumentación e adquirir novos coñecementos. A Cidade da Cultura converterá novembro nun mes de boxeo con palabras.

Podcast Diario Cultural 10:30

Comezan os Asaltos, loitas dialécticas sobre un ring de boxeo na Cidade da Cultura. Como cada venres, recomendacións literarias con Montse Pena.

Publícase ‘A través do fume’, premio Torrente Ballester 2017

Antonio Piñeiro, autor do libro premiado co Torrente Ballester 2017, da Deputación da Coruña. A Editorial Galaxia acaba de publicalo.

Neste libro atoparemos unha forma de ver a migración e a separación das familias nos anos 70 dunha forma esperanzada e crúa ao mesmo tempo.

 

Pin It on Pinterest