Videos

A vila de Sada acolle o movemento cultural Esperto

O Grupo Cultural Esperto presenta a súa programación do mes de novembro con monólogos, charlas, concertos… Un programa para todos os gustos que busca fomentar as vertentes da arte.

‘Dúas donas que bailan’ é a nova obra da compañía de Teatro do Atlántico

‘Dúas donas que bailan’ pretende facer reflexionar na sociedade actual sobre temas como a soidade na vellez, o alzhéimer, a especulación inmobiliaria, a amizado ou a violencia. Todo isto dende o punto de vista oposto das dúas mulleres protagonistas: unha viúva con ganas de recuperar o tempo perdido e outra moito máis conformista.

Podcast Diario Cultural 17:30

Presentación en Lugo do documental “Benvidas ao club”

Poscast Diario Cultural 14:45

Falece o dramaturgo Gustavo Pernas, unha das figuras máis importantes do teatro galego. O seu legado permanecerá por sempre na historia de Galicia. Hoxe recordamos as súas pezas teatrais e homenaxeamos a súa vida e obra. Foi director, actor, guionista e docente, ademais de crear a súa propia produtora xunto a Ánxela G. Abalo.

Todo comezou en Viveiro no 1959. Máis tarde, o teatro chegou a el nos tempos da universidade en Compostela. Na década dos 80 comeza a traballar de forma profesional no mundo do teatro. “Unha persoa comprometida co teatro”, “cada peza de Gustavo era unha descuberta”, así o recordan as persoas do seu entorno.

Podcast Diario Cultural 10:30

Gustavo Pernas foi unha figura esencial nos inicios do teatro profesional en Galicia. Foi escritor de teatro, actor, director, guionista e docente, ademais dun gran intelectual das artes escénicas. A súas obras recibiron un gran número de galardóns e forman parte da historia máis prezada do teatro galego. “É unha gran perda para a linguaxe dramática contemporárea de Galicia”, asegura o noso colaborador Roberto Pascual.

Este mércores celébrase no Auditorio de Galicia de Santiago a Gala Ari(T)mar coa participación de grandes artistas e entidades de recoñecemento internacional como Salvador Sobral, A Banda da Loba, Alexandre Brea, Lois Pérez e Convergências Portugal-Galiza. O obxectivo é romper a fronteira entre Galicia e Portugal e fomentar a literatura, a música e a cultura compartida.

Podcast Diario Cultural 10:30

Homenaxe a Gustavo Pernas, unha figura fundamental no nacemento do teatro en Galicia. Tamén falamos de música e cultura compartida coa celebración da Gala Ari(T)mar no Auditorio de Galicia. Como cada martes, chegan recomendacións literarias da man de Armando Requeixo.

María Vilar mostra a súa exposición de cómic ‘Vida entre viñetas’

María Vilar tivo claro desde os 13 anos que a súa paixón eran os cómics. Foi un camiño duro, pero hoxe atópase presentando a súa propia exposición en Vigo. Nela reflicte en 18 paneis uns 20 anos de duro traballo neste mundo.

Xurxo Souto presenta o seu libro ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’

A historia do seu libro narra a viaxe dunha muller en barco que parte cara ao Gran Sol. Un libro diferente, en que se conta unha historia do mar chea de mulleres. Ademais, Vigo e A Coruña convértense nunha mesma cidade.

Podcast Diario Cultural 17:30

Exposición de cómic “Vida entre viñetas” na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Colaboración sobre arte de Rosario Sarmiento.

Podcast Diario Cultural 14:45

Hoxe preséntase na Coruña o volume ‘Obra teatral de Manuel María’, editado pola profesora Mª Pilar García Negro. Unha obra que recolle un total de 33 pezas do escritor, moitas delas inéditas e inaccesibles. Este traballa amosa a papel de Manuel María como dramaturgo máis alá da súa obra poética.

A primeira obra teatral de Manuel María foi escrita en 1957 e a derradeira en 2001, o que amosa unha dedicación completa a este xénero por parte do autor. Unha nova visión de Manuel María, popularmente coñecido pola seu labor como poeta. “Hai unha intención rehabilitadora e construtora da historia de Galicia a través dunha épica popular de personaxes como o taberneiro, a costureira, o labrego, pero tamén a través da historia contemporánea de Galicia”, explica a editora do libro Mª Pilar García Negro.

Pin It on Pinterest