Videos

Antón Reixa presenta o libro ‘Michigan/Acaso Michigan’ escrito despois de 18 días en coma

Antón Reixa presenta o seu libro ‘Michigan/Acaso Michigan’, no que narra a súa experiencia persoal despois de sufrir un accidente de tráfico. O escritor asegura que é a primeira vez que escribe por necesidade terapéutica tras vivir o peor momento da súa vida. O resultado é un libro de esperanza para todas aquelas persoas que podan estar pasando por un momento semellante.

Nesta obra reflexiona sobre os 18 meses que estivo en coma, a súa estancia nun asilo e o papel do azar como determinante dunha vida. Antón Reixa busca transmitir unha mensaxe de concienciación para evitar a fatiga ao volante, xa que esta foi a causa do seu accidente.

Podcast Diario Cultural 10:30

Entrevista a Antón Reixa co motivo da publicación do seu libro “Michigan/Acaso Michigan”. Tamén falamos con Vicente Feijóo sobre toponimia e sobre unha nova aplicación na que os usuarios poden ir engadindo o nome de lugares do seu entorno, como fontes ou camiños, para evitar que se perdan co paso do tempo.

A representante Patricia Hermida, de Mulleres na Industria da Música, analiza a feira BIME de Bilbao

A manager Patricia Hermida, da asociación MIM, Mulleres na Industria da Música, relátanos a feira BIME de Bilbao.

Ourense é moito: 15 anos do Café & Pop Torgal.

Ourense é moito: 15 anos do Café & Pop Torgal.

Podcast Diario Cultural 14:15

Reportaxe sobre os 15 anos do Café & Pop Torgal.

Podcast Diario Cultural 9:30

Estrea do novo espectáculo de Magín Blanco en Narón. Reportaxe sobre a escultura Soledad Penalta, nova académica de Belas Artes.

 

Podcast Diario Cultural 9:30

Rol da muller na tradición oral na Xornada de Literatura de Tracidición Oral e colaboración do presidente da Asociación Galega do Audiovisual, Carlos Ares.

Podcast Diario Cultural 17:30

Inauguración da exposición ‘Wanderlust Galicia-Baviera’ e reportaxe sobre ‘Goldi libre’.

Podcast Diario Cultural 14:45

Sete viaxes e 1.200 fotografías de Galicia de Catalá Roca, mostra comisariada por Agar Ledo.

O Festival de Cans recibe o Premio Cultura Galega 2018

O Festival de Cans recibe o Premio Cultura Galega 2018 na modalidade audiovisual, coincidindo coa celebración dos seus quince anos de historia. Neste espazo cultural falamos co seu director Alfonso Pato, quen se mostra moi agradecido coa acollida do festival e o asentamento do que goza na actualidade, xa que non é fácil “levantar un festival así cada ano”, explica no Diario Cultural.

O Festival de Cans rompe coas barreiras temporais e xeográficas. Hoxe chega a Ferrol no certame ‘Videoclips a Esgalla’ e mañá estará en Lisboa co proxecto ‘Cans itinerante’. A esencia do festival é visibilizar a produción propia de Galicia e aos creadores que traballan neste ámbito.

Pin It on Pinterest