Videos

Podcast Diario Cultural 10:30

Entrevista ao director do Festival de Cans, Alfonso Pato.

Podcast Diario Cultural 17:30

O Auditorio de Galicia inaugura a exposición ‘Territorios de intimidade’ na que se amosa a figura da muller durante o franquismo. Trátase dun percorrido a través das creacións artísticas de 13 mulleres representativas da época. A mostra conta con diferentes liñas temáticas, entre elas a familia, o traballo e o territoio da intimidade. Nesta última, as artistas Carmen Corredoira, Elena Fernández Gago e Victoria de la Fuente recrean espazos próximos a súa vida diaria como o interior dunha igreza, dunha casa e dun estudio.

Neste espazo cultural tamén falamos co dramaturgo Jorge Coira, para quen “hai que empezar cada proxecto dende cero, buscando a mellor maneira de narrar unha historia”. No seu Rábade natal, Jorge comezou a facer curtas dende que tivo unha cámara nas súas mans e imaxinou o que sería converterse nun director de cine. O seu soño fíxose realidade.

Podcast Diario Cultural 17:30

Inauguración no Auditorio de Galicia da exposición “Territorios de intimidade”. Entrevista ao director de cine Jorga Coira no marco do ciclo PULSO da SGAE

María Xosé Queizán e Antía Cal reciben o Premio Otero Pedrayo

A Fundación Barrié presenta hoxe na Coruña a exposición da fotógrafa Graciela Iturbide. A súa obra combina o trazo documental coa poesía. “Cada vez que vou traballar nun sitio diferente, levo comigo libros dese lugar para entender mellor a súa cultura”, explica a artista neste espazo cultural.

María Xosé Queizán e Antía Cal son as gañadoras do Premio Otero Pedrayo deste ano. Un galardón que o ano pasado recibiu Margarita Ledo, converténdose na primeira muller en recibir esta distinción.

 

 

 

 

‘Chove en Santiago’, o primeiro poema que escribiu Lorca sobre Galicia

Federico García Lorca chegou a Galicia por primeira vez o 25 de outubro de 1916. A súa estancia en terras galegas foi decisiva na creación da súa obra posterior, xa que “Lorca marchou de Galicia querendo ser escritor”, explica Henrique Alvarellos, director da editorial Alvarellos e impulsor da campaña para conmemorar o Día de García Lorca en Galicia.

Henrique Alvarellos tamén indicou nesta sección cultural que “Lorca ía por Santiago tomando notas nunha libreta e preguntando palabras en galego”, o que deu como resultado un total de seis poemas escritos en galegos, dos que ‘Chove en Santiago’ é o primeiro.

Podcast Diario Cultural 10:30

A obra en galego de Federico García Lorca.  Últimas novidades cinematográficas con Begoña Vázquez.

Podcast Diario Cultural 17:30

A poeta galega Yolanda Castaño publica o seu novo libro ‘O puño e a letra’. Nesta obra combina a poesía coa banda deseñada para crear unha peza propia do cómic poético. Este traballo publícase cando se cumpren 25 anos de carreira literaria da autora. Yolanda Castaño reflexionou nesta edición de Diario Cultural sobre a evolución do mundo da literatura e indicou que “antes había máis oportunidades para a canteira de poetas”.

Neste espazo cultural tamén houbo tempo para reflexionar sobre a desgaleguización nas aulas con Alonso Caxade, posto que cada vez son máis os pequenos que marchan da casa falando galego e volven da escola falando castelán. A perda de competencias lingüísticas no noso idioma é un tema de gran preocupación na actualidade.

Yolanda Castaño publica o seu novo libro ‘O puño e a letra’

Hoxe conversamos coa poeta Yolanda Castaño sobre o seu novo libro ‘O puño e a letra’. Tamén falamos das últimas novidades en banda deseñada co noso colaborador Carlos Portela.

Sétima posición para Galicia en número de bibliotecas

Os últimos datos amosan que Galicia rexistra un total de 497 bibliotecas. Delas, un 60% son xestionadas pola administración local. A nosa comunidade acada a sétima posición en número de bibliotecas a nivel estatal. O número de usuarios está descendendo nos últimos anos, pero aumentan as consultas a través de Internet.

Na actualidade, os usuarios demandan un acceso inmediato aos contidos. Neste senso, as bibliotecas están traballando para ampliar a súa oferta de lectura dixital. O acceso permanente de conexión a Internet é outras das peticións dos usuarios, o que demostra que aínda existe unha gran fenda tecnolóxica entre os que dispoñen desta tecnoloxía na casa e os que acoden á biblioteca para consultar materiais na rede.

 

Celebración do Día das Bibliotecas cunha viaxe a través destes centros do saber

No Día das Bibliotecas facemos unha viaxe por estes centros do saber a través de Galicia. O percorrido comeza en A Coruña e chega a lugares como Redondela e Verín.

Hoxe falamos con Catuxa Seoane, bibliotecaria e responsable de redes das bibliotecas municipais da Coruña. O seu traballo en redes sociais permite a achegar a cultura a todas aquelas persoas que non poden desprazarse de forma habitual a ela. “Internet son os nosos altofalantes, pero tamén os micrófonos dos usuarios”, explica Catuxa Seoane.

As bibliotecas son tamén a sede dun gran número de actividades culturais. En Verín organizan actividades para fomentar a lectura entre os máis pequenos, contacontos e presentación de libros de autores da zona.

Pin It on Pinterest