Podcast Diario Cultural 10:30
Día das Bibliotecas cunha viaxe a través de varios centros de Galicia. O colaborador Roberto Pascual fala sobre as últimas propostas no mundo das artes escénicas.
Día das Bibliotecas cunha viaxe a través de varios centros de Galicia. O colaborador Roberto Pascual fala sobre as últimas propostas no mundo das artes escénicas.
A mostra fotográfica ‘Turismo e Fotografía. Català Roca en Galicia’ abre as súas portas na Sala Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso de A Coruña ata o mes de xaneiro. Trátase dunha obra que combina a fotografía artística coa documental mesturando o expresionismo vangardista e experimental co documental. A exposición conta con 110 imaxes que representa a veciñanza, o traballo, a festa e o turismo.
Nesta edición de Diario Cultural tamén falamos da nova revista ‘Díxome, díxome’ do audiovisual galego. Esta publicación nace co obxectivo de informar sobre as últimas novidades neste eido e converterse nun punto de referencia para o sector e para toda a poboación.
As Regueifas de Ciencia son debates científicos sobre temas de actualidade, organizados na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. O último debate formulaba esta cuestión: As diferenzas de xénero teñen unha base biolóxica?
Esta iniciativa ten como obxectivo achegar a ciencia á poboación para coñecer novas ideas. Os participantes deben posicionarse sobre o tema antes de comezar e tamén ao rematar. Desta forma podemos saber se hai cambios de opinión entre a audiencia. O xornalista Manuel Vicente é o moderador destes debates e asegura que “as Regueifas buscan crear ese lugar de encontro máis alá do ruído mediático”.
Asistimos ás Regueifas de Ciencia da Universidade de Santiago de Compostela e escoitamos música clásica da man de Luís Miguel Crespo.
O escritor galego Manuel Rivas presenta hoxe o seu libro ‘Vivir sen permiso e outras historias de Oeste’ na librería Sisargas de A Coruña. Trátase dunha obra formada por tres novelas curtas nas que o tema de fondo é o narcotráfico, pero o relato vai moito máis alá e afonda na condición humana e no dilema de ser libres.
Manuel Rivas explica nesta edición de Diario Cultural que no seu libro a droga está asociada ao poder e aos seus círculos, pero o poder convértese tamén nunha droga. A historia cóntase a partir da voz duns personaxes cheos de matices. O escritor tamén contou que o nome de Oeste fai referencia á condición fronteiriza do lugar no que os seus habitantes viven ‘á beira’, sempre preto do risco.
Os protagonistas de hoxe son os instrumentos populares galegos. Mañá celébrase na Casa das Campás de Pontevedra un concerto didáctico con 24 instrumentos da terra. Detrás deste proxecto están Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero.
Esta viaxe pola tradición musical mestura a historia coa modernidade, xa que coñecer os intrumentos é a única forma de aprecialos e empregar as novas tecnoloxías para melloralos. “A música é a linguaxe coa que nos expresamos”, explica Suso Vaamonde no Diario Cultural de hoxe.
Concerto didáctico de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero que terá lugar este mércores na Casa das Campás de Pontevedra. Tamén é tempo de repasar recomendacións literarias con Armando Requeixo.
XVI edición da Semana do Cine Euroárabe, AMAL. Reportaxe dende aCentral Folque.
Esta fin de semana, a editorial Xerais entregou os seus premios anuais no Museo do Mar de Vigo. Os escritores Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville foron os protagonistas da xornada.
A autora galega Emma Pedreira gaña o premio Xerais de Novela 2018, coa súa obra ‘Besta do seu sangue’. O escritor Héctor Cajaraville recibiu o Premio Merín de Literatura Infantil co seu libro ‘Kasuma’, no que se fala de temas como o medio ambiente e a emigración.
Carlos Negro obtén o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa súa obra ‘Aplicación instantánea’. Un libro no que se fala das redes sociais e da diferenza entre as máscaras e a realidade. Un xogo de novas identidades dende unha perspectiva crítica.
O programa de Radio Galega Música vén de ser galardoado co Premio Xavier Prado “Lameiro” convocado pola xa centenaria Coral de Ruada.
Ademais estreamos o moi agardado primeiro traballo discográfico do grupo Zoelas e escoitamos as músicas de dous grupos, de fóra de Galicia, que serán os nosos convidados no programa do vindeiro domingo. Desde Andalucía uns vellos coñecidos: os Stolen Notes co seu novo disco “The Ocean Road”. E, por primeira vez en Lume Na Palleira, os salmantinos Folk On Crest que nos presentarán o seu disco de décimo aniversario gravado en directo no Teatro Liceo.