Destacados

Chicharrón presentan ‘Unha fogueira intacta’

Chicharrón presentan o seu novo disco ‘Unha fogueira intacta’.

Amparo ao outro lado (da Tribuna)

Peza de danza e documental que se inspira en Amparo, a protagonista de ‘La Tribuna’. Poñen o foco na importancia das cigarreiras e a súa influencia na obra de Emilia Pardo Bazán. 

De onde ven o topónimo de Carballo?

O lingüista Fernando Cabeza publicou un estudo sobre 350 topónimos da zona de Carballo no que é a sexta publicación do proxecto Terra Nomeada.

Bal y Gay: música á beira do mar

Nova edición do festival de música Bal y Gay na Mariña lucense. Schubert e Gershwin serán os protagonistas desta cita que se desenvolverá en dous tramos: do 14 ao 16 de maio; e do 18 ao 26 de agosto.

Un festival que nesta edición de 2021 aposta aínda máis por mesturar a música co seu entorno, ofrecendo unha experiencia única no musical, patrimonial, paisaxístico e gastronómico. 

No Diario Cultural falamos coa súa directora, Alba Rodríguez, e un dos músicos convidados, o guitarrista Pablo Sáinz-Villegas. 

Silvia Penide: “A canción é a que me pide como debe ser cantada”

Silvia Penide presenta a o seu novo traballo ‘Los días de plomo’.

Abre o pano do ‘Terceiro acto’

Estrea o 15 de abril de ‘Terceiro acto’, do Centro Dramático Galego. Unha peza dirixida por Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez, sostida na improvisación dun elenco formado por Mabel Rivera, Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán e Eduardo R. Cunha ‘Tatán’. 

A peza ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.

‘Alefato’, o alfabeto hebreo e uns poemas

Alefato é un canto á comunidade xudía en Galicia. Desde o século XI as terras galegas acolleron un pobo de vizosa historia. A raíz do xudaísmo nutriría as outras dúas relixións monoteístas, e desde aquel altar de Siquen consagrado por Abrahán até o Finis Terrae, as vinte e dúas consoantes hebreas que Xosé Lois García canta neste delicioso libro son escusa de reflexión filosófica, fundamentada na Cábala, e asemade devalo erudito arredor da historia galega ligada co pobo semita.

4 Proxectos

O Museo MARCO de Vigo pide a catro artistas que dialoguen cos seus diferentes espazos, facéndoos maleables, potenciando as súas calidades, transformándoos. Todos mostran obra recente, a maioría producida para esta ocasióne ningún coñecía ata os días de montaxe a intención dos seus compañeiros.

Os artistas de “4 PROXECTOS” son Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, e Mar Vicente. 

Como é chegar a ser traductora residente na Xunta sendo estadounidense?

Como é chegar a ser traductora residente na Xunta semdo estadounidense? A profesora Kathleen March gañou a praza. Falamos con ela e polo momento aínda está en Maine.

‘A emperadora’ da compañía de teatro USC-Lugo

A compañía de teatro USC-Lugo estreará a peza ‘A emperadora’ nesta edición do Festival de Teatro Universitario da USC, ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

 

Pin It on Pinterest