Destacados

“Os nomes dos locais comerciais din moito dun sitio”

O volume ‘Estudos de Onomástica V. Os nomes comerciais’da RAG  reúne un feixe de achegas sobre o valor do galego para as marcas.

O volume complétase coas reflexións dende a perspectiva das empresas da zoqueira Elena Ferro, as deseñadoras Irene García e Raquel Boo, e Xosé González, que leva décadas traballando na promoción do galego no sector empresarial.

“Miña avoa traficaba con LSD”

A produtora audiovisual Illa Bufarda presenta hoxe na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico o seu documental ‘Negro Púrpura‘ sobre o dentón. 

Adriana P. Villanueva e Sabela Iglesias explícannos que é exactamente o dentón e de onde nace a idea de facer un documental sobre el. 

Unha amiga díxonos que súa avoa traficaba con LSD. Aí había unha historia. 

Marilar Aleixandre: “A situación das prisións reflicte un problema da sociedade”

‘As malas mulleres’, novela de Marilar Aleixandre, consegue o premio Blanco Amor.

A nobreza moderna

O profesor de historia Paulo Nogueira Santiago fálanos do seu novo libro ‘A nobreza galega na Idade Moderna’, no que resume a configuración da nobreza urbana nos séculos XVI e XVII. 

Que é unha poeta?

Baía Edicións publica ‘Xela Arias: palabra á intemperie‘. A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora.

Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura.

No Diario Cultural, Emma Pedreira conversa con Ana Romaní.

A quinta edición de Enreguéifate: “Rebeldía con alegría”

Como cada ano por estas datas (e xa hai cinco!), o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Nesta ocasión, faino ademais coa recente boa nova de ter recibido o Premio Mil Primaveras da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) ao mellor proxecto estabilizado.

O prazo de participación estará aberto desde o 29 de marzo ata o 28 de maio de 2021 e a inscrición poderá facerse desde a páxina web do certame, onde tamén están xa dispoñibles as bases: www.enregueifate.gal. Falamos con Manolo Maseda e con Iván Calaza.

16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Do 6 ao 10 de abril desenvolverase en Compostela a 16ª edición da MICE, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, organizada polo Museo do Pobo Galego. Os filmes poderán verse no propio museo, na sala Numax e no Teatro Principal. 

11 filmes participarán na sección oficial a competición, pero fóra diso poderemos ver tamén a estrea de ‘Negro Púrpura’, unha creación de Illa Bufarda

Pepe Carballude presenta ‘A pintora libertaria’

Maruja Mallo é a protagonista da nova novela de Pepe Carballude, ‘A pintora libertaria’.

Miró. Unha colección

A Fundación Barrié de la Maza da Coruña acolle ata o 16 de maio a exposición ‘Miró. Unha colección’. Unha mostra que reúne 47 obras da época de madurez do pintor e escultor surrealista, un dos artistas españois con maior proxección internacional, cuxa obra chegou a exercer gran influencia tanto sobre os seus contemporáneos como sobre as xeracións posteriores. 

Con esta exposición a Fundación Barrié retoma a súa liña de exposicións temporais de pintura de interese histórico que pretende achegar a Galicia o mellor da arte nacional e internacional. Neste marco presentáronse mostras de grandes artistas como Pablo Ruiz Picasso, O Greco ou Joaquín Sorolla, entre outros..

‘Non vale parar’, un documental sobre a edición máis complexa da MIT de Ribadavia

‘Non vale parar’ é un documental sobre a edición máis complexa da MIT de Ribadavia, a de 2020, marcada pola COVID. Falamos coas súas directoras, Ainhoa Viñuela e Blanca Selas.

Pin It on Pinterest