Destacados

‘Olvido y León’ como homenaxe a Guillem Jiménez

‘Olvido y León’, a película de Xavier Bermúdez, volve aos cines como unha homenaxe ao actor Guillem Jiménez, recentemente falecido.

 

Margarita Ledo: “Nós somos elas, por iso é un lema da película”

Falamos con Margarita Ledo e Mónica de Nut sobre o filme ‘Nación’, que narra a loita das mulleres de Pontesa pero ten vocación de ir moito máis aló.

A normalidade do non-común

‘Identidade’ é o novo libro de Nee BarrosUnha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de nacer marca a nosa vida nun molde que a sociedade se encarga de contornar e puír.

Mais, que pasa se nacemos nun molde “equivocado”? Diso falamos co autor.

‘Contos de obxectos’, unha obra inédita de Xabier P. Docampo

Falamos co fillo do autor, Daniel Docampo, e con Fina Casalderrey. O libro está editado por Xerais.

A realidade soñada

A exposición ‘Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada’ abre mañá na Fundación Luis Seoane da Coruña, comisariada pola nosa colaboradora Rosario Sarmiento

‘A realidade soñada’ amosará ao público diversas acuarelas, debuxos, collages e un apartado documental da artista, co obxectivo de reivindicar a obra de Lolita Díaz Baliño e ofrecer unha perpectiva máis ampla do seu traballo. 

Un proxecto comisariado pola crítica de arte e xestora cultural Rosario Sarmiento, cun forte carácter divulgativo e incidindo nos tres aspectos nos que se dividiu a súa traxectoria: artística, académica e docente. 

A mellor arte contemporánea poderá verse na Cidade da Cultura

A mellor arte contemporánea poderá verse na Cidade da Cultura grazas á exposición ‘Os brancos segtredos do seus rostros’ organizada pola Fundación Rosón de Arte Contemporánea.

Do Castro de Viladonga a Lugo

Unha exposición mostra o patrimonio cultural e natural da Vía Rexia do Norte, ou Camiño Real, unha ruta que vai do Castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei, ata Lugo.

Falamos con María Elena Varela Arias, directora do museo do Castro de Viladonga, que este ano celebra o seu 50 aniversario. 

Xosé Barato: “Pode ser sobrevivan as empresas, pero non os traballadores”

Xosé Barato analiza a situación dos actores e actices pouco despois de ser elixido presidente da Asociación Galega de Actores e Actrices.

Que sentimos ao ver unha obra de arte?

O artista e investigador Fran Quiroga quere saber que acontece no cerebro cando observamos unha obra de arte. Fixo un obradoiro experimento na Fundación Luis Seoane e hoxe cóntanos os resultados. 

A Recorchea, contidos desde Galicia para o mundo

A Recorchea Galicia é unha plataforma de streaming. Trátase dun espazo en Internet para difundir música, teatro, monólogos e outros contidos. 

A estrea será este venres. O primeiro protagonista é o monologuista Pepo Suevos

Pin It on Pinterest