Destacados

A mirada infantil nos retratos de Virginia Rota

Afundacion acolle a mirada infantilno traballo de Virginia Rota, gañadora do VI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. 

Teatro infantil en Ourense polo Nadal

Ata o 26 de decembro poderase defrutar polas rúas de Ourense da 17ª edición da Mostra Internacional de Teatro Infantil. 

17 representacións de compañías de todo o país e unha gran variedade de xéneros, que nos conta máis polo miúdo para o Diario Cultural o seu director, Fernando Dacosta. 

Xela Arias, a voz das Letras Galegas 2021

Nun ano normal, saberiamos a quen se lle adican as Letras Galegas 2021 desde xuño. Pero como este ano non foi normal, a Real Academia Galega agardou ata finais de decembro para pronunciarse e xa non hai que agardar máis.

Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), a voz dunha xeración de poetas dos 80, é a escollida por “concibir a poesía como un xeito de indagar e cuestionar a orde das cousas, de describir o que se aprende a ocultar. A pescuda do eu fonda e reflexiva, a afirmación do corpo feminino, a perspectiva de xénero e a procura de novos espazos para a poesía”. 

ButacaZero fará teatro confinado en 32 metros cadrados

ButacaZero, a plataforma creativa de Esther F. Carrodeaguas e Xavier Castiñeira, propón un teatro que dialoga directamente co mundo actual. Están de estera con ‘Velliñas’, un teatro de rúa, pero preparan xa a súa nova produción: ’32 metros cadrados’, unha historia do confinamento, que estará de “xira confinada” o mesmo tempo e os mesmos días exactos que durou o confinamento protagonista. 

Estes son os gañadores dos premios Xerais 2020

Estes son os gañadores dos premios Xerais 2020. María Marco Covelo acadou o de novela, Antonio Manuel Fraga o Jules Verne de literatura xuvenl e Andrea Maceiras o Merlín de literatura infantil.

 

‘Ons’ xa está en 14 salas do país

Chegou o día da estrea de ‘Ons’, a úntima película de Alfonso Zarauza. Poderá verse en 14 salas de cine de Galicia e España: Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Pontevedra, Madrid, Barcelona, A Estraad, Caldas de Reis e Marín. 

Falamos coa protagonista, Melania Cruz, e o directos, Alfonso Zarauza, para saber se están nerviosos e emoionados pola estrea. 

Virtualidade no Festival Internacional Rebulir

A Asociación Cultural Rebulir organiza cada ano o Festival Internacional Rebulir de Baile e Música Tradicional, que chega á súa XV edición. 

Entre os días 17 e 20 de decembro poderase desfruar da súa ampla programación de forma eminentemente virtual. 

Cantos de Nadal para mellorar o ánimo

O día 18 celebrarase un concerto de Uxía Senlle e Sergio Tannus (Lume Novo de Nadal) en Santiago de Compostela.

Premio Ramón Baltar Feijóo para o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao

O libro ‘As orixes da fotografía en Galicia’, do fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao, gaña o Premio de Investigación Ramón Baltar Feijóo.

Carlos é investigador desde hai máis de 20 anos e a súa obra é pioneira. Achega descubrimentos sorprendentes sobre a historia de Galicia, concretamente sobre Rosalía. 

Este galardón recoñece obras relacionadas co fondo documental do Arquivo Baltar Feijóo, con máis de 400 documentos desde o Rexurdimento á Xeración Nós. 

‘A Pedreira’ de Ugia

A Pedreira é a nova proposta escénica da artista galega Ugia Pedreira, un espectáculo que acredita na música como unha arte escénica. Poderá verse o 18 de decembro no Teatro Colón da Coruña. 

Pin It on Pinterest