Destacados

Fotobiografía sonora de Carvalho Calero

Presentación no Teatro Jofre de Ferrol da fotobiografía sonora “Carvalho Calero sen fronteiras”, unha publicación multimedia de Arraianos Producións.

Dirixida por Aser Álvarez e con banda sonora orixinal de Moisés Quintás. 

Ildiko Szijj: “O que máis me custou de aprender galego foron as 7 vogais”

A húngara Ildiko Szijj forma parte dos galardoados nos Premios Cultura Galega 2020. Ela da clases de galego na universidade de Budapest.

‘Mirar de novo. A muller contra o tempo’

A nova exposición de ABANCA e Afundación en Agalería. A sala de exposicións virtual de ABANCA, dá conta da exposición “Mirar de novo. A muller contra o tempo”, que conta cun exhaustivo catálogo e un texto analítico da experta Mónica Maneiro, coa que falamos hoxe. 

Pódese ver ata o vindeiro 28 de marzo. 

‘O rosario e a buguina’ gaña o premio Torrente Ballester

‘O rosario e a buguina’ gaña o premio Torrente Ballester. A novela do Xosé Ricardo Losada trata a relación entre Manuel Antonio e a súa nai.

O misterio dos aneis de San Estevo de Rivas de Sil

María Oruña publica a través de Editorial Aira a tradución ao galego de O Souto dos catro ventos, baseado nun crime en Santo Estevo de Ribas de Sil. 

Precisamente alí confirmouse esta semana o achádego de catro dos nove aneis dos bispos de Santo Estevo, unhas reliquias que poderían ser os famosos aneis milagreiros desaparecidos durante séculos, e que María trata na súa novela. 

 

‘A lúa vai encuberta’, gañadora do Premio Manuel María de Teatro

A peza galardoada, titulada A lúa vai encuberta, contará con 4.000 euros para a súa produción e ten garantidas un total de 30 representacións. Falamos con Tito Asorey

Un mar de cultura en Vigo

O festival ‘Un mar de cultura’ encherá de música galega o Museo do Mar de Vigo. Por alí pasarán artistas como Guadi Galego ou De Vacas.

Falamos con Marta Lucio, directora do museo. 

Experimentación sonora no Fanzine Fest

O festival de música electrónica de vangarda Fanzine Fest reforza a súa programación para este ano 2020 con Fanzine FPS-BPM, unha sesión de experimentación sonora e de creación audiovisual. Celebrarase este martes. 

Falamos con Pablo Cubeiro, director do festival. 

Nao: “Non nos desfixemos para regresar ao pouco”

Falamos con Jasper, vocalista de Nao. A desaparecida banda galega publica un DVD do seu derradeiro concerto en Amio. 

Caxigueiro e a súa ‘métrica do ilusionismo’

Este 1 de decembro preséntase na Rede Museística da Deputación de Lugo o catáñogo ‘A métrica do ilusionismo’, do artista multidisciplinar Caxigueiro. 

Pin It on Pinterest