Destacados

Primeiro aniversario de obaixoulla.gal

Logo de varios anos en xestación, naceu obaixoulla.gal o 16 de novembro de 2019, Día do Patrimonio Mundial. Trátase dun catálogo dixital aberto, que incorpora o patrimonio xeolocalizado da comarca do Baixo Ulla, co propósito da súa valorización, difusión e protección.  

Tres filmes galegos no 58º festival de cine de Xixón

Comeza a 58º edición do festival de cine de Xixón, de maneira telemática, e coa estrea de tres filmes galegos. 

Puro ocio

Verto será a banda invitada no concurso Fran Perez ‘Narf’ da Deputación de Pontevedra que se poderá seguir en liña.

Margarita Ledo: “O Novo Cinema Galego contén propostas tan diferentes que algunhas son vellas”

Margarita Ledo presenta o seu novo filme ‘Nación’. Gañou un premio á mellor dirección española no Festival de Sevilla e está a recibir un gran recibimento en Cineuropa. A película conta a historia do peche da fábrica de Pontesa a principios de século dende o punto de vista das súas traballadoras.

Diálogos artísticos no Verbum de Vigo polo Festival Sinsal

As Microrresidencias Verbum son o proxecto co que o Festival Sinsal remata este estraño 2020, que muda a proposta habitual escénica de concertos e actuacións con público cara unha iniciativa a porta pechada. 

Trátase dunha experiencia de investigación e experimentación arredor do son, a luz, as proxeccións e un espazo integrador e coprotagonista, o Verbum de Vigo. 

Algúns dos artistas que dialogarán co espazo neste Sinsal de outono son os irmáns Yugen Kala e Monte Piñeiro do Colectivo Nononon.Lab. 

Do xapón a Galicia

Chega a España o manga ‘Metamorfosis BL’. É a primeira obra que é licenciado aquí da súa autora Kaori Tsurutari. Foi multipremiado no seu país de orixe.

Galicia e o teatro, talento heterodoxo

Falamos cos gañadores dos premios Álvaro Cunqueiro (Carme Varela) e Barriga Verde de textos teatrais (Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galiñáns).

Premio María Moliner de Animación á Lectura para a Biblioteca de Verín

A Biblioteca de Verín acaba de recibir o premio da XX Campaña de Animación á Lectura María Moliner polo seu proxecto “Voluntariado cultural con chic@s para o fomento da lectura”. 

No Diario Cultural falamos con Vicente Rodríguez, o seu director. 

7ª edición do Carballo Interplay, festival de contidos dixitais

Comeza o Carballo Interplay, o festival de contidos dixitais referente en Galicia, do 18 ao 21 de novembro. Será en formato dixital, fiel á súa orixe, coa estrea da webserie ‘Xan’.

Falamos con Sonia Mendez, directora do festival. 

O folk dende Alemaña

Tres Pesos e folk galego dende a cidade alemá de Leipzig protagonizan a colaboración semanal de Emilio Españadero

Pin It on Pinterest