Destacados

O Conservatorio Superior de Música de Vigo retoma a programación do festival ‘Nas Ondas 2020’

O Festival da Música e das Artes, do Conservatorio Superior de Música de Vigo, retoma a súa programación logo de ter que ser adiado pola pandemia. O ‘Nas Ondas 2020’ conmemora o 250 aniversario do nacemento de L. V. Beethoven.

Jacobo Gaspar, vicedirector do Conservatorio, destaca o ciclo EXPLURART co que comeza o festival. A entrada será libre, ata completar un aforo reducido para garantir as medidas de seguridade. 

Música barroca nunha cidade barroca

Victor Carou é o director artístico, do Ateneo 2020, un ciclo de música barroca en Santiago de Compostela. As entradas xa están totalmente vendidas nesta cidade, a máis barroca de Galicia. O seu número foi moito menos do habitual debido ás medidas que se tiveron que tomar por mor da COVID-19. 

Estrea na 25º edición de Galicreques de ‘O show de Barallocas’, de Teatro Marionetas Trécola

Conversamos con Ero Vázquez Cabrera, responsable da compañía Teatro Marionetas Trécola, que esta semana presenta o seu novo espectáculo, ‘O Show de Barallocas’, no marco da 25ª edición de Galicreques, en Santiago de Compostela.

Este festival de teatro e fantasía foi tamén presentado no día de hoxe en Compostela. As citas con “Barallocas” serán o xoves 15 e o sábado 17 no paseo central da Alameda.

 

Nerea Barros: “A xente quere ver ‘A illa das mentiras’ en pantalla grande”

Entrevistamos a Nerea Barros, a protagonista da nova película de Paula Cons, ‘A illa das mentiras. A actriz cóntanos o que agarda da película, a súa visión do traballo de Cons e ata como se desenvolve cando as cámaras non están un actor con tanta experiencia como o arxentino Darío Grandhinetti.

I Edición de Cinemabeiro na Domus da Coruña para reflexionar sobre os Dereitos Humanos

A Domus da Coruña acollerá desde o 2 ao 4 de outubro a I Edición de CINEMABEIRO, a I Mostra Internacional de Cinema pola Paz e a Non violencia. Propón ser un espazo de reflexión sobre os Dereitos Humanos en Galicia.

Outro tipo de cinema, menos comercial e máis social é o que poderemos atopar en CINEMABEIRO, con temas como a precariedade laboral, a emigración, o cambio climático ou a igualdade. 

A Orquestra Sinfónica de Galicia inicia tempada de outono no Coliseum da Coruña

Nova tempada para a Orquestra Sinfónica de Galicia, desta vez no Coliseum da Coruña, para asegurar o distanciamento social e as medidas de seguridade tanto para o púbilco como para os músicos. 

A tempada 2020/21 terá un marcado acento galego, xa que ata 11 agrupacións de cámara estrearán 20 obras de compositores galegos de diferentes xeracións e estilos creativos.

Andrés Lacasa, xerente da orquestra, quixo lembrar ao histórico trompetistas John Aigi, recentemente falecido, ao que se lle dedicará a temporada.

 

O documental “Perrunillas” de Almudena Parro participa no festival ‘Alcances’

O documental ‘Perrunillas’ de Almudena Parro participa no festival de cine documental ‘Alcances’, en Cádiz.

Almudena Parro rodou esta obra durante o confinamento. Unha historia que nace na casa dos seus avós e narra realidades da vida cotiá. Na programación de ‘Alcances’ podemos desfrutar desta creación a través da plataforma Festhome.

‘Galicia, de Nós a nós’, a exposición máis ambiciosa sobre a Xeración Nós

A Cidade da Cultura acolle “Galicia, de Nós a nós”, con máis de 300 pezas e que aspira a ser a exposición máis ambiciosa e completa sobre a Xeración Nós. É unha das citas que non poden faltar na axenda cultural deste 2020.

O Museo Centro Gaiás acolle obras procedentes de Francia, Alemaña e Portugal, que narran a conexión internacional da revista e os seus creadores con outros puntos do mundo.

Destaca o legado do grupo no desenvolvemento e internacionalización da nosa lingua e cultura.

O Teatro do Atlántico celebra o seu 35 aniversario

A Compañía creada en 1985 por María Barcala e Xulio Lago celebra os seus 35 anos con catro citas no Salón Teatro de Compostela nos días 1, 2, 3 e 4 de outubro.

David Rubí presenta unha exposición retrospectiva que recompila 15 anos de traballo

Unha exposición en Ourense recompila 15 de traballo do historietista David Rubín. 

 

Pin It on Pinterest