Destacados
800 anos de Afonso X, o rei sabio
Afonso X, o Sabio, chegou ata os nosos días, na nosa realidade galega, como ese monarca que situou ao galego-portugués nun cumio literario coas súas Cantigas de Santa María. É innegable a importanci cultural que tivo o seu reinado, pero algo máis na sombra está o seu proxecto político e como encaixaba Galicia nel.
Por iso, o Consello da Cultura Galega presenta hoxe ‘Galicia no tempo de Afonso X’, un traballo realizado por un grupo de historiadores, filólogos e historiadores da arte, no que se aborda a relación que o Rei sabio tivo co reino de Galicia, coa súa cultura e coa súa lingua. Un volume coordinado polo profesor da Universidade de Santiago, José Miguel Andrade Cernadas, co que falamos neste Diario Cultural.
Igual de interesante é analizar cal era o papel da muller nesta Galicia do século XIII. Sempre que se fala de grandes reis, temos que mirar ás mulleres. Máis discretas nos libros de historia, pero con nomes que convén coñecer, e unha figura de estudo ao que se dedica a profesora da USC, Diana Pelaz, segunda voz neste especial polo 800 aniversario de Afonso X.
Preséntase ‘Somos Pandeireteiras’
Nace un proxecto sociocultural que pon en valor o labor das pandeireteiras como difusoras da transmisión cultural galega. ‘Somos Pandeireteiras‘ está impulsado por Mercedes Peón con tres grupos de pandeireteiras da provincia da Coruña: Raigañas de Cerqueda en Malpica, Xirifeiras en Fene e a asociación cultural Rosalía de Castro de Padrón. O 19 de decembro realizarase un encontro de tocadoras e pandeireteiras en Carballo.
Calros Silvar, no Encontro Galego da Ilustración
Unha selva sen palabras
Carlos Santiago contra a realidade
Monográfico sobre Darío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana, escritor, literato, tradutor, académico da Real Academia Galega e unha das máis grandes voces das letras galegas contemporáneas, faleceu esta mesma madrugada, a día 17 de novembro do 2021, ós 69 anos de idade. Con este triste motivo, quixemos falar con Chus Pato, Manuel Bragadi, Margarita Ledo, Anxo Angueira e Xosé Luís Méndez Ferrín, que nos axudaron a retratar a súa pegada na nosa literatura, na nosa cultura e na nosa sociedade.
Falece Darío Xohán Cabana
No Diario Cultural desta mañá soubemos do triste pasamento de Darío Xohán Cabana, escritor, literato, tradutor, académico da Real Academia Galega e unha das máis grandes voces das letras galegas contemporáneas.
Exilio e retorno de Eugenio Granell
O pintor surrealista Eugenio Granell tivo que exiliarse en 1939 e non retornou ata 1985. Conversamos con Violeta González Forte, autora do libro Eugenio Granell. Regreso de un surrealista exiliado e con Eduardo Valiño, conservador xefe da Fundación Granell, que durante o mes de novembro acolle un ciclo de conferencias sobre o compromiso político deste artista.
As novas colmeas de Néboa
Publícanse dúas versións ‘Coidar dunhas colmeas‘, unha peza fermosa e hipnótica que formaba parte do primeiro disco do grupo Néboa, A realidade enganosa, publicado hai un ano. Falamos con Lucas de Centi, un dos membros do grupo, e con Antía Muíño e Femme Fatale, autoras das versións publicadas no single ‘Coas primeiras follas secas‘.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- …
- 221
- Seguinte ›