Destacados

César Portela, Premio COAG a toda unha traxectoria profesional

Falamos con César Portela, que vén de ser galardoado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co premio á súa traxectoria, unha traxectoria chea de proxectos exitosos a unhas e outra beiras do Atlántico, do Pacífico, do Caribe e do Mediterráneo.

Emilia Pardo Bazán, ‘de bellum luce’

Na Rúa Tabernas 11, na que foi residencia de Emilia Pardo Bazán e hoxe acolle a Real Academia Galega, presentouse ‘A educación do home e da muller e outros escritos feministas’. Un volume que reivindica á Pardo Bazán máis progresista.

Falamos con Marilar Aleixandre, encargada da edición dos textos, e tamén con Mariana Carballal e Larraitz Urruzola, sobre a dramatización dos mesmos que fan en ‘Oh! A Vida Contemporánea’.

Poesía vasca en galego

Isaac Xubín traduce ao galego os poemas 17 segundos, de Kirmen Uribe, na editorial Galaxia, e mais a ‘Permanencia’, de Castillo Suárez, en Laiovento. 

“Morgana en Esmelle”, ó teatro

Falamos con Ánxeles Cuña da nova obra de Sarabela Teatro, “Morgana en Esmelle”.

Pechando o verán no Caudal Fest de Lugo

Un cartel encabezado por Iván Ferreiro, Bad Gyal, Love of Lesbian, La MODA, Ladilla Rusa, Nathy Peluso ou Sen Senra.

O festival lugués logrou converterse en só tres edicións nunha das citas de referecia do verán galego mesturando aos grandes talentos locais, nacionais e internacionais. Música de estilos variados e para todo tipo de públicos, os días 16, 17 e 18, e xa ten o alcume de “A última gran festa do verán”.

Cal é o segredo do éxito do Caudal Fest? A ver se podemos descubrilo con Esteban Girón, responsable de comunicación do festival.

 

 

As ‘voces centenarias’ da cultura volven soar

O Consello da Cultura Galega comeza a difundir gravacións do seu Arquivo Sonoro a través do proxecto ‘Voces Centenarias‘, que fará posible volver escoitar persoeiros da cultura, da política e da emigración. 

Galaxia publica “Algúns contos completos”, de Domingo Villar

Falamos con Domingo Villar sobre a súa nova publicación, editada por Galaxia, na que toman o protagonismo a familia e os amigos como destinatarios das verbas que compoñen os dez relatos dos que está formado “Algúns contos completos”.

Os peregrinos musicais chegan a Compostela

O festival Peregrinos Musicais está a desenvolverse estes días e programa quince concertos en sete localidades, extendéndose un pouquiño nesta undécima edición. Ademais, é a primeira vez que escollen aos sete novos valores europeos participantes a través dun proceso en liña. Adaptándose aos tempos. O compañeiro Vituco Neira estivo na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago e falou con Ilona Timchenko, fundadora do festival, e co xoven organista alemán Bastian Uhlig. 

 

 

Unha nova ‘Longa noite de pedra’

Edicións Xerais reedita este poemario clásico de Celso Emilio Ferreiro, publicado orixinalmente en 1962. Un estudo introdutorio de Ramón Nicolás achega o contexto do libro máis emblemático da lírica galega da posguerra.

Empeza a IV Semana do Patrimonio Invisible de Compostela

O evento vai decorrer do 13 ao 17 de setembro en escenarios coma o Colexio de Fonseca, o Seminario Menor da Asunción ou o Pazo de Vaamonde, sede do Consorcio de Santiago. No Diario Cultural falamos con César Abella.

Pin It on Pinterest