Destacados

A Asociación de Profesionais de Xestión Cultural presenta as xornadas ‘Boas Novas No Camiño’

As xornadas de ‘Boas Novas No Camiño’ abordarán ao longo de mes do setembro as boas prácticas culturais nos territorios do Camiño, nesta iniciativa está organizada pola Asociación de Profesionais da Xestión Cultural co apoio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Falamos con Pilar Portela, presidenta da Asociación de Profesionais de Xestión Cultural.

Os órganos de Compostela cobran vida

Ata o 3 de setembro temos a oportunidade de escoitar os mellores órganos de Compostela de man de grandes organistas. Todo grazas á 6ª edición do ciclo ‘De Lugares e Órganos’, coordinado pola música Belén Bermejo. A igrexa de Santa Clara, a das Ánimas, a de San Francisco, San Paio de Antealtares… Todos son lugares de excepción que abren as súas portas neste ciclo.

Falamos neste Diario Cultural con Bermejo e tamén con Fernando Buide, compositor, pianista, organista e intérprete no ciclo.

 

 

 

‘Notas para a extinción’, de Marta Dacosta

O último poemario de Marta Dacosta convida ao acougo e á contemplación nun mundo acelerado que se dirixe á extinción. Falamos con ela sobre este libro, ‘Notas para a extinción’ que publica a editorial Galaxia. 

Os DJ como divulgadores musicais

Falamos con Eme Dj e Carlos Crespo, dous dos participantes nun foro sobre o papel dos disc-jockeys na difusión da música galega. Desenvolvése a partir das nove da noite do venres en Vilagarcía. 

Volve a voz aos ‘Eidos’ do Courel

O Festival dos Eidos devolve a voz e a poesía ao lugar de Parada do Courel, á casa de Uxío Novoneyra, para celebrar a súa sexta edición, logo de ter que suspender a anterior pola situación sanitaria.

O festival comeza esta tarde coa homenaxe ao poeta Carlos Oroza, da man e da voz de Yolanda Castaño, Xavier Romero e Branca Novoneyra. O gran recital que centra a programación será o sábado, e contará con Belén Gopegui, Chus Pato, Constantino Bertolo, Sonia Marpez e Adriá Targa. 

Volve o Resurrection Fest

Viveiro acolle unha edición reducida do festival de metal, punk e hardcore. Falamos con Esteban Girón, responsable de comunicación do Resurrection, e con Anxela Baltar, de Bala, unha das bandas desta edición. 

Inés Vázquez publica a súa primeira novela

Falamos con Inés Vázquez, ilustradora e autora de banda deseñada, que vén de escribir ‘Aldara. A lenda do cervo branco’, publicada por Demo Editorial e que recrea unha lenda dos Ancares. 

Manifesto por un Centro de Fotografía e Imaxe

España é xunto con Chipre, Rumanía e Malta, dos poucos países da Unión Europea que non teñen un centro estatal dedicado á protección e divulgación do seu patrimonio fotográfico. Unha carencia que os profesionais levan tempo denunciando e que agora defender a través da ‘Plataforma Centro de Fotografía e Imaxe’.

“Crear un Centro de xestión pública que protexa o noso patrimonio, expanda a cultura visual e alente a nova creación contemporánea”. Eses son os obxectivos da Plataforma, presidida por Juan Manuel Castro Prieto e apoiada por 18 Premios Nacionais de Fotografía entre os que se atopa Manuel Vilariño, co que falamos neste Diario Cultural.

Volve Rompente

O colectivo poético formado nos anos 70 por Antón Reixa, Manuel Romón e Alberto Avendaño publica ‘Que hostia din os rumorosos?’.

‘Diario dun pirata confinado’

Vituco falou con Jamas, de Dios ke te Crew, que ven de publicar o seu primeiro libro “DIARIO DUN PIRATA CONFINADO” coa editorial URUTAU. Tamén falaron do recente “OG” dos DKTC.

Pin It on Pinterest