Destacados

100 anos de Seivane

Conmemoramos os 100 anos de Xosé Seivane, un dos nomes que fundamentaron a música galega.

A relación entre o fútbol e os mellores escritores da historia de Galicia

A relación entre o fútbol e os mellores escritores da historia de Galicia foi real. Cóntaa o novo número da revista O Dez.

Microspectivas dun marica millenial

‘Microspectivas dun Marica Millennial’ é un espectáculo da compañía Incendiaria, formada por Davide González e Vanesa Sotelo, que cuestiona as certezas impostas que predestinan a construción da identidade.

A partir da música e as artes do movemento, ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente. O resultado da peza é unha viaxe sensorial que camiña polos lindes da performance, a instalación, a música, as artes do movemento e a creación escénica contemporánea.

Pode verse esta fin de semana na sala Ártika de Vigo, no marco do I Ciclo de Danza e Artes do Movemento

O reto da normalidade

Emilia Pardo Bazán. El reto de la modernidad é unha exposición que se pode ver en la Biblioteca Nacional de España sobre a a escritora galega.

‘Escolma aberta’: música, poesía e pintura

Alberto Cunha publica ‘Escolma aberta’, un libro disco que reúne música, poesía e pintura para render homenaxe á cultura galega. 

Alberto Cunha pon a música e a voz, Ramón Trigo as ilustracións, e diversos colaboradores do mundo cultural como Moncho Lemos, María Lado ou Ledicia Costas aportan as súas reflexións sobre os poemas escollidos. 

Cine galego en Málaga

Conversamos con Dani de La Torre, que  estrea ‘Live is life’, e con Óliver Laxe, que recibe o premio Málaga Talent

Punk-rock no museo: Samesugas e artista Laia Estruch

A artista catalá Laia Estruch participou no festival Plataforma co proxecto ‘Álbum Victoria’, unha performance na que colaborou a banda compostelá de punk-rock Samesugas. 

Comeza o Festival Pórtico do Paraíso

Comeza o Festival Pórtico do Paraíso, un certame de música sacra que se celebra en distintos puntos de Ourense.

Moito movemento en Vigo

A Sala Artika de Vigo acolle este mes o I Ciclo de Danza e Artes do Movemento. A compañía Provisional Danza será a encargada de comezar este ciclo cun espectáculo de tres artistas: Tatiana Chorot, Cristian Lopez e Sebastián Calvo para o venres 4, o sábado 5 e o domingo 6.

O 11, 12 e 13 de xuño estará a Compañía Incendiaria con “Microspectiva dun Marica Millennial”.

Finalizará este ciclo o artista Javier Martín co seu espectáculo “Teorema”.

As exposicións sobre Camilo José Cela

“Mazurca para dous poetas”  é un ciclo que terá lugar na Fundación Camilo José Cela que se celebrará o 4, 11 e 25 de xuño. Ademais, o CGAC acolle a exposición ‘Noya York Amarga’.

Pin It on Pinterest