Diario Cultural

[20:45:00] “Divertiume compartir a propia escritura cos personaxes”

A escritora Berta Dávila estréase na narrativa infantil con Demetrio Demoscopio perdeu a chispa.

[17:49:00] Balance arqueolóxico de 2022

Mario César Vila fai balance deste ano no ámbito arqueolóxico: intervencións, conservación e transmisión á sociedade.

[17:31:00] ‘O lume’, de David Rubín

David Rubín preséntanos ‘O lume’, a primeira obra que realiza enteiramente desde ‘El héroe’ (2011) e que publica en galego Demo Editorial, coa colaboración de varias librerías especializadas en banda deseñada. 

O lume é unha distopía apocalíptica na que a Terra está ameazada polo impacto dun asteroide. O arquitecto estrela Alexander Yorba constrúe na Lúa unha colonia para que os ricos do planeta poidan salvarse cando unha noticia inesperada o obriga a enfrontarse á verdade sobre si mesmo.

[17:50:00] Historias de Nadal con Eva Mejuto

Na véspera de Noiteboa Eva Mejuto tráenos panxoliñas e historias de Nadal como as que conta
‘Alva e Papá Noel’, un álbum ilustrado da norueguesa Maren Tjeta Thu publicado por Cumio para as familias que viven con intensidade estas festas. Para lectorado adolescente e adulto recuperamos ‘Madonna e outros contos de inverno’, de Manuel Rivas (Edicións Xerais), historias de Nadal protagonizadas por antiheroes, moi lonxe das imaxes bucólicas e consumistas. 

[17:30:00] Concertos de Nadal

Algúns músicos converteron xa en tradición os seus concertos de Nadal. Falamos con Xabier Díaz, horas antes da súa actuación coas Adufeiras de Salitre na Sala Capitol de Compostela e con José Luís Vázquez, director do coro infantil da Orquestra Sinfónica de Galicia, que actúa en Betanzos, A Coruña e Ferrol na próxima semana. E ademais, concertos de Nadal de Pakolas, Carlos Nuñez ou Tony Lomba & Elio dos Santos. 

Pin It on Pinterest