Diario Cultural

[10:31:00] “O Museo Provincial de Lugo debe ser accesible, inclusivo, diverso e comunitario”

O Museo Provincial de Lugo fixo neste 2022 90 anos, o que o sitúa como unha referencia cultural e social na provincia pero tamén na comunidade. Acontementos históricos coma este convidan a mirar cara atrás, coñecer de onde se ven e pensar cara onde se vai. E iso fixo Aurelia Balseiro.

A directora do museo mira aos primeiros 50 anos de historia da institución, os que van desde 1932 a 1982, para dar conta do nacemento do museo e de como foi medrando en espazo, coleccións e influencia, segundo ían avanzando as necesidades e os criterios da museoloxía e da propia provincia.

“O Museo Provincial de Lugo debe ser accesible, inclusivo, diverso e comunitario”

 

 

 

[17:48:00] ‘En el alambre’, o regreso de Iván Ferreiro

Tito Lesende comenta polo miúdo a nova canción de Iván Ferreiro, ‘En el alambre’, avance do disco que publicará en 2023. Tamén avanzamos a xira que traerá a Salvador Sobral a Galicia en marzo.

‘As Bestas’ chega aos cines este venres

‘As Bestas’ inspírase na historia de Martin Verfondern, un home holandés asasinado por veciños na aldea de Petín na que se instalara. Conversamos co actor galego Diego Anido, un dos protagonistas do filme, e co seu director, Rodrigo Sorogoyen.

Máis preto de saber se Cristóbal Colón era galego

O discurso oficial dinos que Cristobal Colón naceu en Xénova, que foi mariño, cartógrafo e gobernador xeral das Indias Occidentais, desde que un 12 de outubro de 1492 puxo pe nas Bahamas, nun continente ata o momento descoñecido para Europa. Pero desde o século XIX, diversas voces apuntan a unha posible orixe galega, que é o que agora leva á Universidade de Granada a procurar a súa pegada xenética na provincia de Pontevedra. Os traballos estanse realizando coa colaboración estreita da Asociación Colón Galego Celso García de la Riega, que preside Eduardo Esteban: “sabemos que Colón era galego, e só queda agardar a que os traballos en Poio e Vilaxoán nos achegen as probas”.

Entre as moitas teorías que hai sobre a identidade de Colón, hai quen apunta a Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga. Historiadores como Suso Vila negan esa relación, pero reivindican a figura política esencial que representaron os Soutomaior na historia da Galicia e da Castela da época.

 

 

Comeza o XXXII Festival Internacional de Jazz de Lugo

O Festival de Jazz de Lugo, que se desenvolve en tres escenarios da cidade ata o 20 de novembro, lembrará a Tete Montoliu no ano do 25 aniversario do seu falecemento

Ofelia Rey Castelao, Premio Nacional de Historia de España

Conversamos coa catedrática de Historia Moderna da USC sobre a obra galardoada, ‘El vuelo corto. Mujeres y migraciones de la Edad Moderna’, na que saca á luz a importancia das migracións femininas entre os séculos XV e XVIII. O libro analiza tamén as consecuencias da emigración masculina para as mulleres que quedaban.

Pin It on Pinterest