Diario Cultural

‘Na marxe’, novo disco dos composteláns Sinestesia

‘Na marxe’, novo disco dos composteláns Sinestesia

[17:52:00] ‘Unha colección privada’, en DIDAC

Mónica Maneiro avánzanos a mostra colectiva ‘Unha colección privada’, comisariada por David Barro, que a Fundación DIDAC de Santiago inaugura o 11 de febreiro. A exposición saca á luz esta colección de arte privada de maneira conxunta por primeira vez e recolle pezas de artistas galegos, españois e internacionais, entre eles, Robert Mapplethorpe, Berta Cáccamo, Rosana Antolí ou João Louro.

[17:32:00] A serie Rapa e o filme O Corpo aberto concentran as candidaturas dos Mestre Mateo

 

Debullamos a lista de finalistas da vixésimo primeira edición dos Mestre Mateo, os premios que convoca anualmente a Academia Galega do Audiovisual. A serie ‘Rapa‘ é candidata en 19 categorías e o filme ‘O corpo aberto’, de Ángeles Huerta, opta a 16 premios. ‘Código Emperador’, de Jorge Coira, acumula 8 candidaturas, mentres a película de animación ‘Unicorn Wars’, de Alberto Vázquez, é finalista en 6 categorías. 
Conversamos con Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia, e con dous dos candidatos a mellor comunicador, Xosé Antonio Touriñán e Esther Estévez. Os Mestre Mateo entregaranse o 11 de marzo no transcurso dunha gala que se desenvolverá no Auditorio de Ourense. 

 

[10:53:00] Un exercicio de memoria de Luisa Castro

Dolores Vilavedra dá conta do regreso á escrita en galego de Luisa Castro. Logo do fundacional ‘Baleas e baleas’ en 1988 e ‘Amor mi señor’ en 2005, publica agora en Galaxia ‘Un amor antigo’.

[10:31:00] Así cambiaron os nosos hábitos de consumo de cine

O Observatorio do Consello da Cultura Galega publicaba onte os datos das nosas prácticas e hábitos de consumo de cultura e hai un dato destacado e segundo se mire, preocupante. No 2022 só un 24% da poboación galega acudiu ao cine.

A pandemia mudouno todo, agora consumimos cultura na casa e a través de aparellos dixitais. Lemos, escoitamos música e vemos series e películas sen sair do noso sofá. Xa non temos restricións e a incidencia sanitaria da covid é moito menor, pero este hábito veu para quedar.

Coñecendo estes datos, como inflúen as nosas tendencias de consumo na industria audiovisual, nos creadores? Queremos escoitar, por unha banda, a experiencia dun produtor audiovisual como é Ghaleb Jaber de CTV e da directora de cine e produtora de Xamalú Filmes, Manane Rodríguez.

 

Pin It on Pinterest