PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos un programa dedicado aos máis pequenos. Os venres sempre falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas e hoxe tamén está, por suposto, e contaranos sobre o libro ‘Dous osiños’ de Ylla en Kalandraka. Pero ademais, hoxe chega aos cines ‘Valentina’, a película de Chelo Loureiro que protagoniza unha nena con síndrome de Down.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Historia do Cómic en Galicia é un deses libros que os amantes do cómic teñen que ter nas súas casas. Está feito por un gran lector de cómics e alguén que o sabe todo da nosa banda deseñada, Octavio Beares.

E despois, ao cine con Moncho Lemos. Grandes estreas esta fin de semana, como ‘La vida era esto’, ou esa esperadísima ‘Valentina’ de Chelo Loureiro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

No programa de hoxe temos artes escénicas con Roberto Pascual, que nos vai falar de ‘Partida salvada’, a obra de Fernando Epelde que nos sitúa nun futuro no que o galego está en vías de extinción.

E tamén sobre o escenario, pero en forma de ópera, chega ‘A sombra de Cristal’. Mañá estréase en Santiago, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia esta ópera bufa en 1 acto, galega, con música de Fernando Buide e libreto de Quico Cadaval. Será interpretada despois dunha vella coñecida das óperas bufas: ‘La serva padrona’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

No programa de hoxe teremos literatura con Armando Requeixo. Baixo o seu radar de novidades, hoxe vainos falar de ‘O libro da música’, un volume colectivo de relatos que vén de publicar a editorial Galaxia.

Pero antes, imos coñecer a unha artista, a unha artesá máis ben, que é fotógrafa, bordadora, ganchilleira e fundadora do Studio Variopinto. Ela é Minia Banet, e mestura todas estas disciplinas para crear pezas de artesanía realmente únicas, inspirándose sobre todo no cine e na botánica. Con ela, no seu obradoiro en Compostela, estivo Vituco Neira.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

No programa de hoxe temos poesía e música en proporcións semellantes. Luis Miguel Crespo, o noso experto en música clásica, trae todas as novidades da Real Filharmonía de Galicia, que non son poucas. Un disco de 4 compositores galegos, e unha ópera, tamén galega, de Fernando Buide. Pero para comezar, a poesía de Xesús Bermúdez Tellado, que vén de autopublicar o seu segundo poemario, ‘O silencio dos teus ollos’.

Pin It on Pinterest