PodCast

Especial do Diario Cultural dende Culturgal

Hoxe o Diario Cultural esténdese na tarde nun programa especial dende a feira da cultural galega, o Culturgal!

Falamos co director do Culturgal, Xosé Aldea; con Pepe Cunha, o comisario da exposición Cantámola en galego; temos dose extra de teatro co director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, con Cándido Pazó e con Marta Pazos, e metémonos en faladoiro literario coas editoriais Apiario, Irmás Cartoné e Kalandraka.

E entre prato e prato, como non sempre a montaña vai a Mahoma, Vituco Neira encárgase de achegarse ós diferentes postos desta gran feira da cultura galega.

Todo isto e máis cabe neste especial do Diario Cultural dende Culturgal.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Desde esta madrugada está dispoñible en plataformas dixitais ‘Viaxe ao espazo interior’, primeiro disco en solitario de Berto, a metade do grupo Verto.

Ese é o acontecemento cultural do día, pero non nos esquecernos da literatura infantil e xuvenil, como cada venres, con Montse Pena Presas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Desde as 00.00 temos nas plataformas dixitais o primeiro disco en solitario da poeta coruñesa Lucía Aldao. O disco chámase ‘PAVA’, como a do cigarro; e como dedicatoria leva escrito: “A ningún pavo”. Xa veremos que significa isto, e sobre todo, como soa Pava.

Máis temas: para quen queira ir ao cine nesta fin de semana, que ten pinta de que vai chover a cachón, atentos a Moncho Lemos, que nos comentará as mellores estreas da carteleira.

Pin It on Pinterest