Radio Galega

50 anos da catedral dos libros de Compostela

50 anos da catedral dos libros de Compostela

As pegadas do Camiño, en Madrid

Ábrese na Biblioteca Nacional a exposición “Xacobeo. As pegadas do Camiño“, que se poderá visitar en Compostela entre marzo e maio de 2022. A mostra repasa as pegadas que o Camiño de Santiago deixou na historia, na cultura e na arte a partir dunha selección de 200 pezas. Conversamos co seu comisario, Darío Villanueva

Artes pola inclusión

O Festigual da Coruña aposta por unha cultura aberta e inclusiva nunha programación que se estende ata o 27 de novembro e que inclúe música, teatro, danza e fotografía. Conversamos con Nacho Fungueiriño, o coordinador deste festival de artes pola inclusión cultural e coñecemos un dos proxectos que se presenta nesta edición: “Baila o teu barrio“. 

Da lira prehistórica á guitarra eléctrica

Pancho Álvarez publica Cordas históricas, o seu sexto disco en solitario. Un percorrido cronolóxico polos diferentes instrumentos de corda con composicións propias, pezas tradicionais e cantigas medievais. Soan violas e violíns, arpas, zanfonas, guitarras ou cítolas

 

Pin It on Pinterest