Verto despídense… polo momento
Despedindo ós Verto e coa vista na película “Negro Púrpura”, que nos trae Beli Martínez.
O encontro terá lugar os días 24 e 25 de setembro na Facultade de Ciencas da Comunicación baixo o título “A igualdade cultural (tamén) é un dereito: feminismos e creacióncontemporánea na Galiza“. Participarán creadoras galegas de distintas disciplinas artísticas e será a primeira das catro xornadas do programa “A Cultura é un Dereito”, que organiza a Deputación da Coruña coa mirada posta no desafío de construír o novo modelo cultural post-pandemia.
Comeza o OUFF e hoxe Afonso Zarauza estrea a TV movie Malencolía coproducida por TVG.
O Consello da Cultura Galega está a desenvolver as xornadas “A construción da paisaxe galega entre a Tardoantigüidade e a Idade Media: socalcos, campesiñado e cristianismo”, que buscan recoller os resultados de diferentes proxectos que se están desenvolvendo en Galicia arredor da construción da paisaxe galega nun período que foi clave durante a Alta Idade Media e do que, grazas a eles, estamos comezando a comprender na súa verdadeira dimensión. Conversamos con Xurxo Ayan, un dos coordinadores, investigador da Universidade de Lisboa.