Radio Galega
O futuro do océano no Festival Mar de Mares
Un congreso internacional polo centenario de Emilia Pardo Bazán
Poñentes de diversos países do mundo participarán do Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán no seu centenario: literatura e vida nos séculos XIX, XX e XXI. No Diario Cultural, conversamos con Eva Acosta, que chega de Sevilla coa conferencia “Mucha fuerza, mucho carácter, mucha personalidad. Emilia Pardo Bazán en un siglo de mujeres”.
O lobo de Uxío á espreita no Camiño
No Diario Cultural puxemos a Vituco Neira a camiñar. Pero non un camiño calquera; un camiño cultural e poético. ‘Poetas no camiño’ é unha proposta da Fundación Uxio Novoneyra a través do seu proxecto de residencias poéticas ‘Ámeto Mítico’, que reúne a escritores de todo o mundo para facer o camiño e logo reflexionar sobre a súa experiencia na casa de Uxío no Courel.
Vituco camiñou e falou cos poetas Arancha Nogueira, Luís López Alonso, Pilar Astray, Adam Wyeth e Agnes Marton.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
‘Poetas no Camiño’, as residencias poéticas da Fundación Uxío Novoneyra. Roberto Pascual fálanos de ‘Morgana en Esmelle’.
Lecturas para o instituto
Diario Cultural das 17:30
Revivindo a Walt Whitman, repasando as lecturas do instituto e coa música folk que pica para nós Emilio Españadero.
Alguén que respira! reúne na súa terceira xornada grandísimas poetas galegas
A cuarta edición do festival Alguén que respira! 2021 reúne hoxe martes no Teatro Principal de Compostela a Olga Novo, Chus Pato, Eva Veiga, Luz Fandiño, Elvira Riveiro, Yolanda Castaño, Andrea Nunes, Luz Pichel, Alba Cid e Miriam Ferradáns.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 192
- 193
- 194
- 195
- 196
- …
- 369
- Seguinte ›