Radio Galega

Comeza a quinta edición da Selic

Este venres, 10 de setembro, comeza a quinta edición da Selic, a Semana do Libro de Compostela, un festival da lectura no medio dunha pandemia. Ata o domingo 19 a rúa do Vilar, na súa desembocadura na praza de Praterías, a Selic será o punto de encontro para as lectoras e lectores da cidade. Trátase de compartir lecturas, de conversar e profundar no que se le; xa que ler segue sendo o principal comportamento cultural da humanidade.

Oito anos de Interplay en Carballo

Vituco Neira conversa con algúns dos creadores e creadoras que participan na oitava edición do 
Carballo Interplay, o festival de contidos dixitais que recolle as novas linguaxes que se difunden a través da rede.

Celebramos os 25 anos dos Premios María Casares

Despois dunha difícil época, o teatro galego reúnese para celebrar a 25ª edición dos Premios María Casares. No Diario Cultural falamos con Xosé Barato, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, e máis con Paula Carballeira, que será unha das encargadas de conducir a gala.

Encontros musicais ás beiras do rio Miño

Encontros musicais ás beiras do rio Miño

Pin It on Pinterest