Radio Galega

Teatro infantil en Ourense polo Nadal

Ata o 26 de decembro poderase defrutar polas rúas de Ourense da 17ª edición da Mostra Internacional de Teatro Infantil. 

17 representacións de compañías de todo o país e unha gran variedade de xéneros, que nos conta máis polo miúdo para o Diario Cultural o seu director, Fernando Dacosta. 

Xela Arias, a voz das Letras Galegas 2021

Nun ano normal, saberiamos a quen se lle adican as Letras Galegas 2021 desde xuño. Pero como este ano non foi normal, a Real Academia Galega agardou ata finais de decembro para pronunciarse e xa non hai que agardar máis.

Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), a voz dunha xeración de poetas dos 80, é a escollida por “concibir a poesía como un xeito de indagar e cuestionar a orde das cousas, de describir o que se aprende a ocultar. A pescuda do eu fonda e reflexiva, a afirmación do corpo feminino, a perspectiva de xénero e a procura de novos espazos para a poesía”. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Xela Arias, Letras Galegas 2021. ‘A Señorita Bubble baixo cero’, a nova aventura de Ledicia Costas.

ButacaZero fará teatro confinado en 32 metros cadrados

ButacaZero, a plataforma creativa de Esther F. Carrodeaguas e Xavier Castiñeira, propón un teatro que dialoga directamente co mundo actual. Están de estera con ‘Velliñas’, un teatro de rúa, pero preparan xa a súa nova produción: ’32 metros cadrados’, unha historia do confinamento, que estará de “xira confinada” o mesmo tempo e os mesmos días exactos que durou o confinamento protagonista. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Observamos o ceo con Manuel Vicente de Efervesciencia. Facemos teatro en 32 metros cadrados coa compañía ButacaZero. Alba Cid convídanos á lectura de ‘Interna’ de Oriana Méndez.

‘Ons’ xa está en 14 salas do país

Chegou o día da estrea de ‘Ons’, a úntima película de Alfonso Zarauza. Poderá verse en 14 salas de cine de Galicia e España: Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Pontevedra, Madrid, Barcelona, A Estraad, Caldas de Reis e Marín. 

Falamos coa protagonista, Melania Cruz, e o directos, Alfonso Zarauza, para saber se están nerviosos e emoionados pola estrea. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Ons’ xa está en 14 cines de todo o país. Roberto Pascual fálanos das últimas obras de Paula Carballeira.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

No Diario Cultural de hoxe de novas voces que falan galego coa Real Academia Galega no proxecto “Novas Voces para a Lingua”

Virtualidade no Festival Internacional Rebulir

A Asociación Cultural Rebulir organiza cada ano o Festival Internacional Rebulir de Baile e Música Tradicional, que chega á súa XV edición. 

Entre os días 17 e 20 de decembro poderase desfruar da súa ampla programación de forma eminentemente virtual. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O Festival Internacional Rebulir; e as estreas da semana nos cines galegos, con Begoña Vázquez de ‘Sala 5’.

Pin It on Pinterest